PRENO EXTRAORDINARIO

O xoves 29 celébrase un novo pleno extraordinario no Concello de A Baña. Á petición do Grupo Socialista e co apoio de BNG pediranlle explicacións a Cardeso e a dous dos seus concelleiros, da recente viaxe a Brasil. Os acompañantes foron Manuel Tourís y Manuel Paredes.
Así, o PSOE interésase por se o 150 aniversario da Sociedade Espanhola de Beneficencia foi o único motivo do tour, e tamén se os 3.000 euros cedidos á institución para a compra de medicinas xustificaban a pasaxe para tres membros da Corporación.
No caso de confirmarse que a totalidade dos gastos correron por conta da casa do concello, o voceiro do PSOE, Enrique Vázquez, ten claro que o seu grupo pedirá que se reintegren ás arcas municipais «pois non parece normal que viaxen tres concelleiros a gastos pagados polo Concello», cando o número de emigrantes atendidos no devandito hospital é moi reducido. Polo tanto, non está xustificado nos actuais tempos, que viaxen tres persoas representando ao Concello.
¿Canto lle custou aos veciños de A Baña a viaxe dos nosos mandatarios? ¿Está xustificado o desprazamento dos tres "bañeses polo mundo"? Tódalas respostas e algunha que outra sorpresa máis o próximo xoves no salón de plenos do Concello de A Baña. Non faltes.

No hay comentarios: