Ano Novo ... TODO SEGUE IGUAL PARA OS VECIÑOS DE A BAÑA

"O móbil ao que chama está apagado ou fora de cobertura" Esta é a locución que escoitarán todas aquelas persoas que queiran poñerse en contacto con algún veciño de San Vicente de A Baña. Os habitantes da capital do concello bañés, levan desde o 24 de decembro sen cobertura de telefonía móbil. Case que podemos confirmar con toda seguridade que fomos os únicos galegos que non puidemos felicitar o ano novo aos nosos amigos e familiares cos xa tradicionais SMS.
Non é a primeira vez que isto acontece, esta é a quinta vez no ano 2009, e polo que podemos ver o señor alcalde segue sen darlle unha solución ao problema e teremos que e contar con novos apagóns ao longo do 2010.
Gracias de novo señor alcalde, Gracias Andrés.

No hay comentarios: