HOMENAXE 1º DE MAIO


Con motivo da conmemoración do 1º de Maio, que tivo lugar o pasado sábado, celebrouse na Casa do Pobo de San Vicente de A Baña, un acto de homenaxe aos militantes históricos da Agrupación Socialista de A BAÑA.
Antonio Campos Pena como Presidente de Honor e membro fundador da Agrupación Local Socialista, e Secundino Ferreiro Vieito, membro da primeira Executiva Local, recibiron da man do actual Secretario Xeral, Enrique Vázquez Naveira, unha placa como recordatorio dos seus 28 anos como afiliados.
Compañeiros quen nos falaron da Fundación da Agrupación Local alá polo ano 1982, de cómo foron aqueles difíciles anos e de cómo tiveron que loitar para construir un proxecto socialista que perdura ata os nosos días. Historias de compañeiros e compañeiras que deben formar parte da nosa memoria colectiva como socialistas e a quenes temos a obriga de homenaxear.
Na actualidade a Agrupación Socialista de A Baña conta con preto de 100 afiliados, sendo a cuarta agrupación socialista con maior número de afiliados da área de Compostela, e representada por catro compañeiros membros do Comité Provincial de A Coruña, máximo órgano do partido a nivel provincial.
Máis fotografías do acto en Flickr.

No hay comentarios: