Máis gastos e menos seguridade para os nosos gandeiros

A Consellería de Medio Rural ven informando nas Oficinas Comarcais de cambios no sistema de identificación e rexistro de animais, que veñen realizando os veterinarios identificadores que prestan os seus servicios a través da empresa pública Seaga.
A Consellería está a presionar dese xeito para que sexan os propios gandeiros os que se encarguen de colocar os crotais os animais, e dalos de alta nos rexistros a través da Oficina Virtual Agraria ou do teléfono 012.
Para aqueles gandeiros que non poidan facer eles mesmos a identificación, a Consellería esta a traballar para aprobar un decreto e autorizar a entidades identificadoras recoñecidas para que se lles autorice para facer as identificacións nas explotacións, sen necesidade de que sexan os veterinarios, o que supón a privatización do servicio. Máis gastos para os gandeiros.
Eran os veterinarios os que se encargaban de comprobar o estado sanitario dos animais no momento da identificación, comprobar a idade, a filiciación, os partos xemelares, encargándose das altas e baixas nos rexistros, de xeito que actuaban como garante e certificaban a trazabilidade dos animais.
Esa responsabilidade caerá agora sobre os gandeiros e gandeiras do nos concello, que serán os grandes perxudicados. Por un lado porque terán que redoblar o seu traballo e pasar horas para dar de alta os animais nos rexistros a través da Oficina Virtual, coa dificultade da deficiente cobertura de internet no rural e o elevado custe, ou realizando chamadas a un teléfono, que non son gratis.
No caso de poñer en marcha as entidades identificadoras autorizadas, os gandeiros que utilicen ese servicio terán que pagalo.
Outro aspecto é o laboral, xa que 100 veterinarios que prestan os servicios de identificación nas explotacións, irán ao paro.
Os socialistas propoñemos que se manteña o actual sistema de identificación e rexistro de animais, que realizan os veterinarios nas explotacións, tal que se garanta a rastrexabilidade dos animais en aras da seguridade sanitaria, a seguridade alimentaria e a saúde pública dos consumidores.
¿¿Canto lle vai a custar o novo servicio aos nosos gandeiros e gandeiras ?? ¿¿Cales serán as consecuencias se se rompe a rastrexabilidade nas explotacións ?? ¿¿Corre perigo a seguridad alimentaria dos consumidores ?? ¿¿Cal vai ser o próximo servicio público que se vai a suprimir ??

No hay comentarios: