O Partido Socialista de A Baña denuncian a situación de distintas pistas forestais do concello, despois da acción de empresas de corta de madeira e pídenlle ó goberno local do PP que aplique a normativa de corta e plantacións existente.
A formación que lidera José Antonio Pereira asegura recoller o malestar que existe nos veciños do concello polo estado lamentable no que quedan os accesos despois da actividade forestal.
E poñe como exemplo o camiño de Pedra Alba na Barcala ó Castro que está intransitable a pesares de que se reparou o ano pasado, investindo 15.000 euros na mellora.O PSOE de A Baña quere se que se cumpra a ordenanza e que esixa un aval bancaria as empresas que traballen no territorio municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario