Moción 22/02/2016 - REVISIÓN CATASTRAL


Moción Socialista rexistrada o 22/02/2016 no rexistro xeral do Concello de A Baña.

O Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de A Baña, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais normativa de aplicación, presenta MOCIÓN relativa a REVISIÓN CATASTRAL, con base na seguinte:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O procedemento de revisión catastral impulsado dende o Ministerio de Facenda co obxectivo de aumentar a recadación e intentar sanear as contas dos concellos, vai a ocasionar un impacto importante sobre os e gandeiras. habitantes do medio rural en xeral e sobre todo sobre as explotacións agrarias.
Esta revisión da resposta a aplicación da resolución da Dirección Xeral do Catastro de setembro de 2013, que marca como prazo ata o ano 2016 para levar a cabo dita actualización.
Este proceso consiste fundamentalmente en que se están a catastrar todas as fincas do rural, así como a dar de alta bens como instalacións rústicas que son catalogadas como almacéns ou vivendas.
Isto ten como consecuencia que as instalacións agrarias inclúense no Imposto de Bens e Inmobles, é dicir, pasan a pagar instalacións que ata agora estaban exentas de facelo.
Tal como recolle o artigo 74 da Lei Xeral Tributaria que permite as bonificacións potestativas, e establece que “os
concellos mediante unha ordenanza poderán regular as bonificacións de ata o 95% da cota íntegra do imposto a favor dos inmobles nos cales se desenvolvan municipal por darse circunstancias actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade sociais, culturais, históricas, artísticas ou de fomento de ocupación.
Do mesmo xeito a normativa permite ó Concello decidir o coeficiente a aplicar sobre o valor catastral entre o 0,3% e o 0,9%.

Por todo o anterior, o Grupo Municipal Socialista de A Baña, dado a importancia que o sector agrario representa neste Concello, como dinamizador fundamental e base da nosa economía produtiva e polo tanto de especial interese  municipal, insta ó Pleno municipal a adopción dos seguintes ACORDOS:


Establecer o máximo permitido de bonificación do 95% da cota íntegra do IBI  para os bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras.

Para as explotacións agrícolas e gandeiras ó coeficiente de tributación a aplicar sobre o valor catastral será de o 0,3%.

A Baña a 22 de febreiro do 2016
Jose A. Pereira Gil
Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE da Baña





No hay comentarios: