BOAS NOVAS PARA O CONCELLO DA BAÑA


A deputación de A Coruña , presidida polo partido Socialista, saca un novo Plan de Emprego Local (PEL). Plan que incorpora novidades, entre outras: axudas ao fomento da iniciativa empresarial entre mozas/os emprendedores, e  incentiva a contratación de persoal no ámbito público e privado.
Desta maneira o concello da Baña, vai recibir uns 34.000 €, e dende o grupo socialista da Baña faremos todo o posible para que ditos recursos sexan destinados os colectivos mais desfavorecidos, tales como persoas desempregadas maiores de 45 anos, parados de longa duración, e persoas en risco de exclusión social.
Así mesmo o PSOE da Baña está a manter diversas reunións na deputación co fin de incrementar os recursos económicos destinados o noso concello, do novo plan de Medio Ambiente co fin de duplicar o recibido no ano anterior.



A Baña, 19 de abril de 2016

No hay comentarios: