O PSOE de A Baña reclama atención a obra literaria de Igresias Turnes




Os concellos de Negreira, Santiago, Arzúa e Mazaricos levaron a cabo a presentación do novo libro de D. Manuel Iglesias Turnes (parroquia de Cabanas), do que todos sabemos a súa vinculación coa Baña.

Dende o grupo socialista quixemos informarnos, no pasado pleno ordinario do 29 de marzo do 2016, si o departamento de cultura do concello de A Baña, ten pensado facer algún acto de presentación da súa segunda novela, "Que non te aten" (Xerais). Entendemos que se debe facer un esforzo para potenciar a cultura e aquí temos unha gran oportunidade de facelo cunha persoa nacida na Baña e que fala da Baña, un exemplo para todos e todas e en especial para a xuventude do noso concello. 
Tamén consideramos de interese mercar un número de exemplares para incorporar ao fondo da biblioteca municipal. De non atender a esta proposta dende a agrupación socialista de A Baña organizaremos un acto para que a nova obra literaria de Igresias Turnes sexa divulgada entre a nosa veciñanza ao igual que se fixo no resto da comarca.

Da mesma maneira queremos pedir con antelación que na vindeira festa da filloa se conte coa súa persoa como invitado para facer o pregón.

No hay comentarios: