PLENO ORDINARIO DO DÍA 29 DE MARZO DE 2016


En canto o primeiro punto damos por boas as actas anteriores, quedando pendente de corrixir  na número 2,  pleno ordinario por pleno extraordinario.

No segundo punto o Alcalde da  conta das resolucións, quedando as preguntas para o apartado final.

No terceiro punto do orden do día votamos a favor da lóxica corrección dos erros co fin de poder tramitar o PAI na Deputación.

Nas actuacións de control, defendemos a nosa moción relativa a revisión catastral co fin de establecer o máximo de bonificación da cota integra do IBE para os bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas  ou gandeiras, e que o coeficiente de tributación a aplicar sobre o valor catastral quede no 0.3% . Sendo esta aprobada .


De novo solicitamos :

1-   O arranxo da cuneta enVilacoba (Troitosende) solicitada o día 1/11/15
2-  O remate da limpeza das cunetas das presas de Portochán (Troitosende) solicitada o día 17/11/15
3-   A mellora do camiño do Piñeiro (Troitosende) solicitada o día 17/11/15
4-   A colocación de “quitamedos” na subida de Buchain solicitado fai mas de 1 ano
5-   A colocación de sinalizacións no aceso de Ferreiros e a colocación dun espello
6-  A colocación de “quitamedos” ou vallas de seguridades no lugar do espiños á altura do número 10
7-   A colocación dunha rexa no chan na pista deportiva de Fiopáns. 
Todos estes puntos xa foron solicitados a través de diversos escritos en distintos plenos e a fecha de hoxe seguen sen solucionarse .
8-   Dúas cuestións para a concelleira de cultura:
Temos entendido que este ano o departamento de cultura solicitou  á Deputación subvención para actividades culturais (música e baile tradicional ) pero non nos consta que se solicitara nada para investimentos culturais. Polo que pedimos que se nos aclare si se solicitou ou non, e de non facelo cal é o motivo xa que hai multitude de cousas que se poderían solicitar.
9
- - Por outra banda, os concellos de Negreira , Santiago,  Arzúa e Mazaricos fixeron a presentación do novo libro de D. Manuel Iglesias Turnes. Do que todos sabemos a súa vinculación ca Baña. Dende o grupo socialista queremos preguntar si ten pensado facer algún acto de presentación da súa segunda novela, "Que non te aten" Entendemos que se debe facer un esforzo para potenciar a cultura e aquí temos unha gran oportunidade de facelo cunha persoa nacida na Baña e que fala da Baña, un exemplo para todos e en especial para a xuventude do concello .
E si xa foron mercados para a biblioteca exemplares de dita novela.
Da mesma maneira  queremos pedir con antelación que na vindeira festa da filloa se conte casúa persoa como invitado para facer o pregón.
1
0- Ante as numerosas queixas dos veciños á hora de ser atendidos no concello, polo horario de distintos funcionarios, solicitamos a instalación dun sistema de control de entrada e saída co fin de rematar cas criticas sobre si se cumpren ou non os horarios.
1- Co fin de aclarar diversas dubidas, solicitamos as facturas emitidas por Newlite SL das distintas compras efectuadas por este concello.
1-  Explicación dos decretos:
·  23/2016 gastos de locomoción.
· 45/2016 distintas facturas ( equipos informáticos 12.000€, aluguer de contedores de recollida 2.072€ mellora no vial público da Ermida 5.921€)

·  14/2016acondicionamento Casa do Concello 47.994€

No hay comentarios: