Resumo do pleno ordinario do día 27 de xullo de 2016.




O  primeiro punto aprobación das actas anteriores , non foi tratado, xa que o secretario estaba de vacacións e as actas non estaban redactadas. A nosa queixa por diante, en dous meses non houbo tempo para deixar as actas feitas.

O segundo punto, (dar conta dos decretos da Alcaldía) non ten contido. O Alcalde da por informada a corporación dos decretos emitidos dende o último pleno.

No terceiro punto, o Alcalde fai un breve  informe sobre o camiño de Monelos en San Vicenzo. Aclara que se chegou a acordo na apertura da calle cun ancho de 8 metros e non de 9 como estaba previsto. Pola nosa banda coméntase, que mais que un acordo, é unha sentencia xudicial e pregúntase canto lle vai a custar as arcas do concello dito acordo, ó que contesta que nada.

Tocante o cuarto punto facemos unha defensa das dúas mocións presentadas , que son aprobadas por toda a corporación.

MOCIÓN PARAINSTAR Ó XEFE DE SERVIZO DE INFRAESTRUCTURAS AGRARIAS DA XEFATURA TERRITORIAL DO MEDIO RURAL, A REACTIVAR O PROCESO DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA NA PARROQUIA DE TROITOSENDE NO CONCELLO DE A BAÑA.


MOCIÓN PARA INSTAR Ó  CONCELLO DE A BAÑA, A QUE ACTUE DE MEDIADOR E INTERLOCUTOR ENTRE A PROMOTORA DOS PARQUES EÓLICOS, EÓLICA GALENOVA SL. E OS TITULARES DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POR DITO PROXECTO .

No hay comentarios: