ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal

ORDENANZAS FISCAIS QUE NON SE APLICAN, PRESUPOSTOS IMPROVISADOS E SUBVENCIÓN APROBADA NO PLENO EXTRAORDINARIO CELEBRADO NO CONCELLO DE A BAÑA O 12 DE AGOSTO DO 2016.


No primeiro punto da orde do día, presentáronse 2 ordenanzas fiscais, a primeira reguladora do imposto sobre bens inmobles (IBI), que si ben  establécese unha bonificación do 90 por cento sobre a cota tributaria íntegra aplicable aos bens inmobles de carácter residencial destinados a vivenda habitual, na que estean empadroados todos os membros da familia numerosa durante todo o ano de aplicación da bonificación, esta non inclúe  o contido integro da nosa moción aprobada en pleno. Solo contempla unha bonificación do 95% da cota íntegra do imposto, aqueles inmobles nos que estean situadas unicamente construcións nas que se desenvolvan exclusivamente actividades agrarias, gandeiras ou forestais pertencentes ao sector primario,  ignorando o resto da nosa petición de bonificación para que o coeficiente a aplicar sobre o valor catastral fose do 0.3%

A ordenanza foi aprobada cos 6 votos a favor do PP e coa abstención dos catro concelleiros do grupo socialista. O concelleiro do grupo mixto, non asistiu ao pleno.

A segunda ordenanza reguladora da taxa por prestación de servizos de inspección, dirección e coordinación de seguridade e saúde das obras contratadas polo concello da Baña, foi aprobada con 6 votos a favor do PP e coa abstención dos catro concelleiros do grupo socialista. O concelleiro do grupo mixto, non asistiu ao pleno.
A terceira ordenanza reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do municipio da Baña, foi aprobada con 6 votos a favor do PP e coa abstención dos catro concelleiros do grupo socialista. O concelleiro do grupo mixto, non asistiu ao pleno.

Pola nosa parte deixamos ben claro que as ordenanzas de nada serven si logo non se cumpren, e solicitamos un compromiso por parte do alcalde para velar polo cumprimento das mesmas.

No tocante o segundo punto, presupostos 2016, dicir que vemos estes presupostos como uns presupostos improvisados, e non será por falta de tempo. Elaborados oito meses despois do comezo do ano, non da opción a destinar partidas ó estar practicamente invertido á case totalidade dos cartos destinados a obras e servizos.
Solicitamos que se incluían nos mesmos unha partida destinada á ampliación e mellora do camiño do Peón, na parroquia de A Riba e do camiño do Piñeiro en Troitosende, dúas peticións xa feitas por este grupo a primeiros de ano.

Da mesma maneira non se pode consentir que veciños do concello carezan de auga no seu domicilio e non se teña en conta á hora de elaborar os presupostos, unha partida para solucionar este problema.

Botamos en falta inversións destinadas á creación de postos de traballo dentro do concello, impulsar o polígono industrial, dinamizar o sector agrícola e gandeiro, apoiar ós novos emprendedores, etc.
Tampouco atopamos un só euro destinado a melloras no saneamento cando no concello non hai unha sola parroquia con servizo de saneamento completo.
Os presupostos foron aprobados cos 6 votos a favor do PP e cos  catro votos do PSdeG en contra. O concelleiro do grupo mixto, non asistiu ao pleno.
O punto tres non se levou a debate nin votación por tratarse dun erro na convocatoria.
O cuarto punto, solicitar unha subvención para o PAI (punto de atención a infancia) para diversa melloras tanto de equipamento como das instalación do mesmo, foi aprobado cos votos a favor do PP e do PSdeG. O concelleiro do grupo mixto, non asistiu ao pleno.


No hay comentarios: