Resumo pleno extraordinario do 30 de agosto 2016


O pleno comeza as 10:00 h, no centro social (da 3ª idade), realizándose o correspondente sorteo para a elección dos membros das mesas electorais, para as eleccións autonómicas.
Finalizado o sorteo, no segundo punto na orden do día (festivos locais), a nosa proposta incluía como días festivos  o 8 de setembro, festividade da Virxe do Bo Suceso e o 28 de febreiro, martes de entroidol. Dous días significativos para moitos veciños e veciñas do Concello.
Dicir que o día 8 de setembro foi aceptado pola maioría,  e tras unha votación para concretar a segunda data, impúxose o dia 17 de abril, cos votos a favor do PP,e os votos en contra do PSOE e do Grupo Mixto.
Tocante o terceiro punto, aprobación  proxecto da obra “Mellora da eficiencia enerxética e habitabilidade no CPI de San Vicente,” este aprobouse por maioría. Cun orzamento de 83.976,81€ do que o 80% será financiado pola Deputación (67.181,45€).

Pola nosa banda increpamos  ao  Alcalde a postura tomada a hora de defender esta subvención como deputado provincial, xa que no pleno da Deputación do pasado día 29 cando se procedeu a votación de dita axuda de maneira conxunta con outras, o noso Alcalde, o alcalde de A Baña, inexplicablemente, en bloque con todos os deputados do partido Popular votou que non. Unha postura incomprensible, poñendo os intereses partidistas antes que os interese dos seus veciños, sendo finalmente aprobada polos votos do PSOE e o resto das forzas políticas.

No hay comentarios: