A Valedora admite a trámite unha queixa dos Socialistas de A Baña


A Valedora do Pobo, Milagros Otero, admitiu a trámite unha queixa presentada polo voceiro dos socialistas da Baña, José Antonio Pereira Gil, polas supostas “irregularidades cometidas” polo concelleiro popular Roberto Rial Calvo ao cobrar dietas por asistir como concelleiro de educación, durante o curso 2014/15, a xuntanzas do Consello Escolar “cando en realidade non asistiu”.A Valedora informou que vai requirir ao concello da Baña que nun prazo de 15 días facilite información sobre a queixa presentada polos socialistas.
Os socialistas entenden que estas prácticas non son normais e solicitaron “que se admita e se tomen medidas correctoras e sancionadoras se procede, pola neglixencia do secretario do concello así como do alcalde, xa que ampara a este en todo o momento, a sabendas que se está vulnerando un dos principais dereitos dos concelleiros. O dereito á información”.Agora a queixa foi admitida e agardan pola resposta do goberno que presiden Andrés García Cardeso.




No hay comentarios: