ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal

Resumo do acontecido no pleno do 30 de novembro de 2016




O pleno dou comezo unha vez mais as 14:00, e seguindo a orde da convocatoria, déronse por aprobadas as actas dos plenos extraordinarios do mes de  agosto, quedando pendente de aprobar a acta do mes de setembro por non estar redactada.

O segundo punto, “Dar conta das Resolución da Alcaldía”, o Alcalde dou por informada á corporación  das resolucións emitidas dende o último pleno.

No terceiro punto “Incorporación ao inventario de bens as obras de mellora dos accesos a San Vicente”, aprobouse  por unanimidade  dita incorporación do ben ao inventario de bens do Concello, no que se fará constar nos correspondentes asentos que o ben queda afectado á finalidade  pública.

No tocante o cuarto punto, “ordenanza fiscal de hixiene urbana”, aprobouse por maioría non incrementar o IPC  correspondente ás taxas por actividades de hixiene urbana para o ano 2017.

O quinto punto, ratificouse de novo o proxecto para melloras no CPI San Vicente, cun programa detallado dos traballos a realizar.


En canto as actuacións de control, apoiamos a moción do grupo mixto e recordamos que o Grupo Socialista da Baña no seu día, xa reivindicara unha maior implicación do Concello na ruta alternativa do Camiño de Santiago ata Muxía,  do cal tiñamos  indicios históricos de que pasaba por distintas parroquias da Baña, polo que solicitáramos  a adaptación da antiga escola de Corneira nun futuro albergue municipal.

Na nosa quenda de palabra, fixemos as seguintes preguntas: PREGUNTAS PLENO DO 30 DE NOVEMBRO 2016

No hay comentarios: