Os catro concelleiros do Grupo Municipal Socialista, Presidente da Deputación da Coruña e Deputado de Economía e Facenda.
Valentín González
Formoso, Presidente da Deputación da Coruña, recibe no Pazo Provincial ao
portavoz socialista, José Antonio Pereira xunto cos demais concelleiros que
forman o Grupo Municipal Socialista do Concello de A Baña. Asistiron á reunión de traballo os deputados
José Luís García García, Deputado de Promoción Económica e Emprego; e o
Deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira Piñeiro.
O portavoz
Socialista foi informado dos diferentes plans provinciais que afectan
directamente ao Concello bañés así como das inversións en infraestruturas
previstas para o presente e vindeiros anos.
Pechouse unha axenda de traballo na que varios deputados provinciais visitarán o
noso Concello para informar á veciñanza dos plans provinciais. A primeira
xornada informativa está prevista para o venres 17 de febreiro e nela darase
conta do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña e asistirá á cita Luis
García García, Deputado de Promoción Económica e Emprego. O acto terá lugar no
salón de actos da Casa de Cultura de San Vicente ás 21 horas.
Para a seguinte
xornada, está prevista a asistencia do Presidente Provincial, González Formoso
e do Deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira. Nesta ocasión informarase
aos asistentes das diferentes liñas de subvencións dirixidas a colectivos
veciñais, asociacións xuvenís,
deportivas, …
No hay comentarios:
Publicar un comentario