Convocatoria Pleno Extraordinario 22/02/2017 |
E así o
manifestamos, explicando que todo o que sexa mellora no noso Concello é bo. Bo para o Concello e
bo para os veciños. Tamén apreciamos nestes proxectos, que algún poderían ser pospostos en beneficio de outros de maior interese para o noso Concello.
Xa que a maior
parte do presuposto destínase a infraestruturas viarias, botamos en falta unha
planificación a longo prazo na conservación das nosas estradas, posto que ano
tras ano as obras son simples lavados de cara, poñendo como exemplo a obra de
Cabanas que se repara o mesmo tramo dúas
veces en dous anos.
Tras a petición do último pleno na que solicitamos que parte dos ingresos do Plan Único da Deputación da Coruña foran destinados nun plan de emprego, queremos que quede constancia que a partida que vai a gasto corrente, que ascende a 320.000 €, se destine á contratación de persoal para reforzar a cuadrilla de mantemento do Concello e o servizo de axuda a domicilio.
En canto a obra de Cabanas recalcar a problemática da zona xa advertida pola anterior portavoz do Grupo Municipal Socialista, para que se teña en conta cando se realice dita obra, dándolle saída a auga dun lado da estrada cara o outro, evitando que vaia por riba dela.
Comentar que no asfaltado de Vilar da Torre sería necesario aumentarlle o ancho a todo o trazado e en Vilar de Suso, canalizar a auga dende o lugar cara baixo para que non siga indo pola estrada.
En canto a
humanización da rúa Castiñeira, gustaríanos adquirir un compromiso de
continuidade das obras ata a igrexa do Castro, paseo moi utilizado polos
veciños .
No hay comentarios:
Publicar un comentario