Comeza o pleno as
14:00 horas, no salón de sesións da Casa do Concello. Seguindo o orden do día, o primeiro punto,
adquisición da parcela nº 66 de Lañas por un valor de 17.017,36€, foi aprobado
por maioría. O noso portavoz Jose A. Pereira aproveitou para instar ao
Concello a acondicionar a área recreativa que actualmente hai na finca.
Solicitou varios puntos de luz, así como de auga, uns aseos e a construción dun
local, de libre disposición para os veciños que se podería utilizar entre
outros uso para a elaboración das carrozas de carnavais.
O segundo punto do orden do día, aprobado coa
abstención do grupo mixto (modificación do PXOM na rúa Camiño de Monelos),
puntualizamos que no documento presentado, na páxina 23 a redación da lugar a confusión, polo que
solicitamos que se aclare que todas as árbores foto 7,8,9,10 y 10 bis agás a “yuca
aloifolia” foto 6, están fora de ordenación.
Tamén solicitamos un
informe dos gastos que ocasionou o litixio durante estes anos, (avogado,
procurador, taxas, costas) no recorrido dende o xulgado de Negreira pasando
pola Audiencia Provincial e rematando no Supremo.
Os gastos de derribo
do muro por 3 veces e a construción do mesmo 2 veces. O custos dos informes
periciais, do estudo técnico para a modificación do proxecto etc.
O
último punto, aprobación provisional da Ordenanza reguladora da ocupación da
vía pública con mesas, cadeiras e outros
elementos móbiles, foi aprobada por unanimidade.
Compartimos a ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS ELEMENTOS MÓBILES - CONCELLO DE A BAÑA para que calquera veciño ou veciña poda consultala. Lembrade que estará exposta no Concello un mes para atender posibles alegacións antes da súa aprobación definitiva.
#Información #Transparencia
Compartimos a ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS ELEMENTOS MÓBILES - CONCELLO DE A BAÑA para que calquera veciño ou veciña poda consultala. Lembrade que estará exposta no Concello un mes para atender posibles alegacións antes da súa aprobación definitiva.
#Información #Transparencia
No hay comentarios:
Publicar un comentario