Resumo do pleno do día 31 de maio de 2017.


O primeiro punto aprobación das actas anteriores, tras unha pequena corrección acordada pola maioría, foi aprobada  a acta do pleno ordinario do día 5 de abril, quedando pendente a do último  pleno extraordinario.
O segundo punto, dar conta dos decretos da Alcaldía, o Alcalde da por informada a corporación dos decretos emitidos dende o último pleno.
De igual xeito o terceiro punto “dar conta aprobación liquidación Presupostos 2016” o Alcalde da por informada á corporación, tomando a palabra o noso voceiro para solicitar copia do informe de intervención.
O cuarto  punto, “información  Alcaldía Casa Reitoral San Mamede” o Alcalde fai un breve  informe sobre  a petición por parte da Fundación Anxiños de dispor da casa reitoral para destinar a un fogar para nenos con  trastornos mentais.
Aclarou que non había nada concretado pero que se estaba a valorar esta posibilidade  a espera dos informes pertinentes.
O noso portavoz Jose  A. Pereira  explicou que non é lóxico valorar dito proxecto cando xa hai unha  finalidade  para este local. Que o grupo de goberno leva 10 anos dicindo que se vai destinar a unha vivenda comunitaria para os maiores do noso Concello, que se levan invertidos mais de 500.000 €, cartos de todos os veciños da Baña e polo tanto non se pode cambiar o uso  inicial da reitoral. Tamén pediu que se aclare si se vai facer ou non o fogar residencial, e de non ser así,  que cada quen  asuma as súas responsabilidades, e a partires de aí, poderemos barallar outras alternativas.
Na parte de control, as mocións do grupo mixto foron aprobadas cos votos a favor do Grupo Municipal Socialista. 
Nesta ocasión non asistiron á sesión plenaria dúas das Concelleiras do Grupo Popular, quedando este en minoría (catro Concelleiros de once)


En canto a rogos e preguntas estas son as formuladas polo noso grupo. Consultar aquí

No hay comentarios: