No primeiro punto do orde do día solicitamos que na acta ordinaria número 11,
na páxina 22, modifíquese a declaración do Alcalde, xa que afirmou que foi o Concello o que pagou a obra de apertura da gabia, cando se
procedeu a reparación das tubeiras da
auga de Lañas.
A tal petición o secretario alega que as actas son un resumo do acontecido,
e que nelas non ten porque figurar os debates con todo o seu contido. O Alcalde
abala a decisión do secretario polo que
a acta non é modificada.
No segundo punto, o Alcalde da por informada a corporación dos
decretos emitidos dende o último pleno.
O terceiro punto,
ratificación da resolución pola que se aproba o proxecto corrixido
“Humanización do adro da igrexa de Fiopáns“
POS 2018, apróbase por unanimidade para que poda ser de novo remitido á
Deputación.
Do mesmo xeito, é aprobado por maioría o punto catro,
“Ratificación da resolución pola que se aproba o proxecto corrixido para a
subministración e colocación de sinais viarias en San Vicente, Marcelle, e
outros” POS 2017
O punto quinto trata do informe do procedemento para a
cualificación de aptitude de predios
para os fins do Banco de Terras de Galicia. Neste punto aclarase que unha das parcelas situada en Vigobo, non
cumpre os requisitos, xa que nela hai un vertedoiro ilegal. Que procederán a
facer as tarefas de limpeza co fin de que cumpra os requisitos para que poda
ser alugada.
No
apartado de control a MOCIÓN PARA CREAR UNHA LÍNEA
DE AXUDAS QUE PERMITA ÁS FAMILIAS DO CONCELLO CON POUCOS RECURSOS ECONÓMICOS,
ACCEDER Á COMPRA DAS VACINAS CONTRA
A MENINXITE-B presentada polo noso
grupo foi aprobada por maioría o igual que a presentada polo grupo Mixto.
E AQUÍ están os
nosos rogos e preguntas
No hay comentarios:
Publicar un comentario