O que foi
candidato polo PSdeG-PSOE de A Baña á alcaldía nas pasadas eleccións municipais
de 2015, José Antonio Pereira Gil, sae elixido como novo Secretario Xeral dos Socialistas do Concello bañés da
asemblea extraordinaria celebrada o domingo 4 de febreiro na
Casa do Pobo de San Vicente onde se reuniron os afiliados e afiliadas.
Foi aprobada por unanimidade, dos militantes presentes e con dereito a
voto, unha única lista presentada e encabezada polo propio Pereira.
No transcurso da asemblea local, o ata
agora Secretario Xeral, Enrique Vázquez Naveira defendeu a xestión realizada
pola Executiva Local saínte e expuxo ante os militantes asistentes un resumo
das actividades levadas a cabo, os obxectivos acadados e os proxectos que se
atopan en curso. Fixo un balance dos resultados obtidos nos últimos procesos
electorais e concluíu agradecendo a
colaboración e aportacións de todos os membros da Comisión Executiva Municipal
saínte.
Lembrou, Enrique Vázquez , que a
Agrupación de A Baña e unha das máis activas da provincia e unha das poucas que
mantén os seu número de afiliados ano tras ano, informando da incorporación de
seis novos afiliados no pasado mes de
decembro. Que os afiliados se senten
representados e que dispoñen en todo momento dun asesoramento axeitado ante os
problemas ou dúbidas que se lles presentan.
En canto a situación económica da
agrupación informa que o saldo é positivo, os pagos están ao día sen quedar
pendente ningún gasto por sufragar e que as contas están á disposición de todos
os afiliados e afiliadas para a súa consulta en calquera momento.
A continuación abriuse unha quenda de
intervención en relación coa xestión da Comisión Executiva Municipal onde os
afiliados e afiliadas coincidiron na intervención de Vázquez, afirmando que foi
moi positiva e incidindo en que debemos seguir nesta liña para procurar ampliar
o número e afiliados e procurar achegarse aos diferentes colectivos sociais do
noso Concello. Valoraron positivamente a xestión, as actividades organizadas
nos últimos anos e insistiron na necesidade de seguir na liña actual de
traballo co obxectivo de facerse coa alcaldía nas vindeiras eleccións
municipais de 2019. Os asistentes agradecen a labor realizada ata o momento por
parte de todos os integrantes da Executiva saínte.
José Antonio Pereira Gil tamén será o representante de todos e todas as
Socialistas de A Baña como membro da Executiva Provincial de A Coruña e como
membro da Executiva Nacional Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario