CRÓNICA DO PLENO ORDINARIO DO 28 DE MARZO DE 2018



FOTO: Xosé Manuel Lema Mouzo
Como de costume o pleno comeza as 14:00 horas, sendo o primeiro punto “Aprobación, se procede da acta da sesión anterior” a cal tras unhas pequenas aclaracións en canto a redacción se refire, apróbase por maioría.

No segundo punto o Alcalde da por informada a corporación dos decretos emitidos dende o último pleno.

O terceiro punto “ Solicitude de apoio á ampliación da oferta educativa no IES Xulián Magariños , presentada polo seu Directo en nome da Comunidade Escolar”, foi apoiada pola totalidade da corporación. O noso portavoz ratificou como moi boa a iniciativa do centro, xa que é un ciclo con moita saída laboral. E puxo como exemplo o Concello de A Baña como demandante destes futuros profesionais.

No apartado de control, a moción presentada polo grupo Socialista “MOCIÓN PARA INSTAR Ó CONCELLO DE A BAÑA, A SOLICITAR Á SOCIEDADE ESTATAL DE CORREOS E TELÉGRAFOS S.A. - COMISIÓN NACIONAL DO SECTOR POSTAL E MINISTERIO DE FOMENTO, A AMPLIACIÓN DO HORARIO DA OFICINA DE CORREOS, QUE DA SERVIZO, Á VECIÑANZA DA BAÑA”, foi aprobada por unanimidade.


Da mesmo forma foi aprobada a moción do grupo mixto, a que se engadiu  una emenda aportada polo PP, e unha  terceira moción, presentada no Concello a favor da igualdade salarial entre os distintos corpos de seguridade  do Estado, aprobada sen apoio do grupo mixto.

Estas foron as preguntas e propostas presentadas  polo Grupo Municipal Socialista neste pleno ordinario CONSULTAR PREGUNTAS E PROPOSTAS

No hay comentarios: