Nova moción presentada polo Grupo Municipal Socialista: AMPLIACIÓN DO HORARIO DA OFICINA DE CORREOS.



MOCIÓN PARA INSTAR Ó CONCELLO DE A BAÑA, A SOLICITAR Á SOCIEDADE ESTATAL DE CORREOS E TELÉGRAFOS S.A. - COMISIÓN NACIONAL DO SECTOR POSTAL E MINISTERIO DE FOMENTO, A AMPLIACIÓN DO HORARIO DA OFICINA DE CORREOS, QUE DA SERVIZO, Á VECIÑANZA DA BAÑA.

No Concello da Baña hai unha oficina de Correos para servizo dos veciños, o que a primeira vista parece suficiente. O problema aparece cando o horario de atención ós usuarios vese reducido a tan so unha hora ó día de  luns a venres, de 9 a 10  da mañá, e os sábados e festivos sen servizo.

A rutina da vida do noso Concello, onde a maioría dos veciños  dedícase á agricultura e gandería, fai que moitos non estean nas súas  casas a hora en que pasa o carteiro, polo que a entrega de documentos certificados teñen que ser recollidos na correspondente oficina. O horario tan reducido, dificulta ós veciños o poder acceder a dito servizo. A recollida de certificados e demais documentos é toda unha odisea. E en canto á realización de xestión tales como xiros, certificacións ou paquetería, a maioría dos veciños optan en moitos casos por desprazarse os concellos limítrofes, polo escaso servizo que ofrece a oficina da Baña. O que de novo fai que os nosos veciños e veciñas descapitalicen  A Baña en favor de Negreira ou Santa Comba. 

O Concello de A Baña non pode manterse indiferente ante esta carencia na prestación adecuada deste servizo básico de comunicación. 

Si queremos ter un Concello vivo, temos que dotalo de servizos e mellorar os que temos, e por iso que solicitamos o apoio de toda a corporación co fin de reclamar ás administracións responsables deste servizo público, a súa mellora en canto o horario se refire co fin de dar un mellor servizo os veciños e veciñas da Baña.


Ofina de Correos de A Baña - Horario de  atención ó público: 9.00 -10.00 horas de luns a venres.

No hay comentarios: