👉 Na parroquia de San Xoán da Riba investíronse parte dos máis de 76.000 euros que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) destinou ao Concello de A Baña para a mellora de camiños municipais.
🗣️ A catro meses de rematar ditas obras este é o resultado da inversión: unha pista á que non se lle abren cunetas pola que corre a auga ás súas anchas e que en breve terá que ser novamente arranxada.
😤
😤
😤
Este é outro exemplo de como se inverten os cartos de todos os veciños eveciñas e de como se fan as obras neste Concello. Unha total falta de previsión e de planificación que sistematicamente se repite no resto das parroquias. Pistas que se arranxan unha e outra vez durante anos.
💸
💸
💸
Unha vez máis pediremos explicacións ó Sr. Alcalde e Concelleiro de obras, levando este tema ó vindeiro pleno municipal.







No hay comentarios:
Publicar un comentario