Comeza o pleno as
14:00 horas, xustificando o Alcalde a ausencia do concelleiro Manuel Tourís
(PP)  e sendo aprobada por unanimidade a acta da sesión anterior, 
O segundo e o
terceiro punto do orden do día, dar conta das resolucións do Alcalde, e dar
conta da aprobación da liquidación do Orzamento 2017, o
Alcalde da por informada a corporación, e convoca para o dia 20 unha comisión
informativa de Contas, Patrimonio e Persoal para tratar o Ditamen de Conta
Xeral do Orzamento de 2017.
En
canto as mocións, o noso voceiro defendeu a presentada o día 18 do presente
mes, na que solicitamos se tomaran os seguintes acordos plenarios.
1-        Proceder xa, a limpeza por parte do
Concello, das franxas de seguridade das fincas nas distintas parroquias,  que a día de hoxe están denunciadas no
Concello. (Xa que hai varias fincas que levan denunciadas por incumprimento na
limpeza da biomasa, máis de dous anos, e o Concello aínda non actuou)
2-        Facer un estudo por parroquias, das
fincas  que incumpren, para saber a
situación real a día  de hoxe sobre o
número de leiras afectadas 
3-        Elaborar 
un plan de limpeza, para  avaliar
si o Concello ten capacidade de executar os traballos, e proceder a realizalos 
A moción
foi aprobada coa abstención de CxG, que coa súa demagoxia habitual discrepou
sobre a mesma. 
A
moción presentada polo grupo mixto foi aprobada por unanimidade, e estes son os
rogos e preguntas presentadas polo noso partido: 
PREGUNTAS PRESENTADAS NO PLENO ORDINARIO DO DÍA 30 DE MAIO DO 2018
PREGUNTAS PRESENTADAS NO PLENO ORDINARIO DO DÍA 30 DE MAIO DO 2018



No hay comentarios:
Publicar un comentario