1-Señor Alcalde, acaban de entregarnos as actas das xuntas de goberno. Imos para 3 anos desta lexislatura, e levamos 3 anos solicitando que se nos entreguen as copias das actas das Comisións de Goberno en data. O ano pasado recorremos a Valedora do Pobo e foi a forma de que no las entregaran. Seguimos nas mesmas. Escusas tras escusas, levabamos dende outubro do ano pasado, sen ter acceso os acordos que en ditas comisións se toman, o que vulnera o noso dereito como oposición de control e fiscalización.
É por isto que xa tíñamos preparado un recurso contencioso administrativo, para entregar no correspondente xulgado. E esperamos que a situación no se volva a repetir.
Sobre este punto que facedes, creo que a situación está aclarada e en vías de axilizar.
2- Dous anos levamos esperando nos, e as veciñas do Outeiro en Marcelle por unha solución a problemática da cuneta entre a estrada e o muro particular destas veciñas. Señor Alcalde, diga si van solucionar o problema ou polo contrario si vai a quedar tal como esta.
As veciñas de Outeiro (Marcelle) xa estiveron varias veces reunidas co técnico municipal e co alcalde. A mediados do mes de abril e aprincipios de maio volverérmonos a xuntar para deixar aclarada a vía de solución técnica que desde o Concello se trasladaba. Falta a aceptación para poñer punto final a esa “pequena” problemática.
3-Solicitamos se faga unha limpeza no camiño de S. Roque o paso da Ponte Vella en Marcelle, xa que a acumulación de barro no asfaltado fai moi perigoso o paso.
Déronselle as instrucións á Brigada de Obras para que limpe así como para que rocen o camiño.
4-Na parroquia de Corneira, o final do Vilariño, co fin de pasar a maquinaria para facer a concentración parcelaria, a empresa que realiza ditos traballos abriu o denominado camiño do Feal.
Solicitamos que o remate do paso da maquinaria se coloquen uns tubos na marxe esquerda e se pise o camiño con zahorra.
Tamén solicitamos que se amañe o paso do rego no camiño do Areallo, as agras de Marcelle, que está afundindo o levar a auga parte do recheo.
Sabemos dos traballos que está a realizar SEAGA coa concentración... continúa lendo
No hay comentarios:
Publicar un comentario