MOCIÓN PARA INSTAR Ó CONCELLO DE A BAÑA A REALIZAR UNHA CAMPAÑA DE SINALIZACIÓN CON PICTOGRAMAS EN EDIFICIOS E INSTALACIÓNS PÚBLICAS.




Como todos sabemos, un pictograma é un signo claro e esquemático que representa un obxecto real, figura ou concepto. Sintetiza unha mensaxe
que pode sinalar ou informar excedendo a barreira da linguaxe verbal.
Para a xente con necesidades educativas especiais e afectacións da linguaxe, resultan un apoio esencial, que facilita a comprensión do “seu mundo” e das mensaxes do seu entorno.
Os pictogramas son perceptibles, simples e permanentes. Estas
características son de gran axuda para calquera, posto que todas as persoas necesitamos claves que nos permitan entender o mundo e ordenalo na nosa mente. Pero son especialmente útiles para a xente con dificultades de atención, memoria, linguaxe, patoloxías e trastornos de base, orgánica e ou psicolóxica.
Os pictogramas poden ser una ferramenta máis na intervención do Alzheimer, sendo un apoio visual importante tanto para o uso dos obxectos, como para a orientación espacial.

Tampouco debemos esquecer que estes símbolos son moi útiles para a xente maior, e para as persoas migradas de países con distintas falas, que en moitos casos teñen serias dificultades para comunicarse.

Con esta moción queremos dar resposta global a comunicación e á accesibilidade cognitiva en tódolos ámbitos (información, sinalización, trámites etc), e así conseguir que A Baña sexa un Concello onde todos e todas nos sintamos a gusto, independentemente das nosas capacidades
de comunicación.

É por isto que solicitamos se tomen os seguintes acordos plenarios para dar luz verde a esta moción.

1- Que dende a concellería de Servizos Sociais, en conxunto coa de Educación, se faga unha campaña de sinalización con pictogramas, nos distintos edificios públicos (Concello, locais sociais, centro cívico, biblioteca, colexios, centro médico, polideportivas, etc)
2- Que dende o Concello se lle faciliten pictogramas identificando a actividade que desenvolven os locais comerciais do Concello, para que sexan colocados nas portas dos mesmos.
3- Que na revista anual se faga mención a dita campaña co fin de que toda a veciñanza participe activamente nesta iniciativa .

A Baña, a 23 de xullo do 2018

No hay comentarios: