Resumo do pleno ordinario do dia 30 dexullo de 2018 no Concello de A Baña



Comeza o pleno as 14 horas, co primeiro punto do orden do dia, onde o Alcalde da por informada á corporación municipal, dos decretos emitidos dende o anterior pleno.

No segundo punto, aprobación do proxecto de subministración e colocación de colectores RSU e vidro, o noso portavoz Jose A. Pereira, recordou ó Sr. Alcalde que no pleno do 17 de agosto de 2015, e no do 29 de novembro de 2017, este grupo solicitou a colocación de iglús para o vidro en puntos como Liñares, Señor, Emes, etc, e solicita teñan prioridade estes puntos á hora de colocar os novos depósitos.  O punto é aprobado cos votos a favor do PP e do grupo Socialista.

O terceiro punto do orden do día, aprobación proxecto Humanización Adro de Marcelle, tras as explicación do Sr. Alcalde xustificado o gasto do proxecto  de 76.848 €, o portavoz do grupo socialista da Baña comenta:

 “Unha vez mais o Concello vai investir cartos dos todos os veciños nunhas instalacións que non son propiedade do Concello da Baña.
Repítese a situación de fai uns meses, cando se destinaron, do mesmo xeito, cartos para o adro da igrexa de Fiopáns, e xa advertimos, que había cousas mais necesarias no Concello, como o subministro de auga nas  15 parroquias, xa que carecen de traída pública ou o saneamentos, do que lle recordamos que carecemos en 13 das 15 parroquias, e nas outras 2 non está completo. Seguimos sen unha residencia para maiores, ou un centro de día municipal verdadeiras necesidades no noso Concello, mentres vostede inviste 235.000€ en restaurar bens que non son de titularidade municipal.
Non compartimos esta xestión e por tanto, o noso grupo vai absterse  na aprobación desta obra.”
O punto é aprobado cos votos a favor do PP e as abstencións do grupo mixto e do PSdeG.

O cuarto punto, aprobación do proxecto P.V.P. entre Vilar da Torre e Paramos, o noso portavoz, na súa quenda de palabra, xustifica a abstención xa que “entendemos que é unha obra que unha vez rematada  será de interese para os veciños, pero non apoiamos que se pretende aprobar un proxecto de máis de medio millón de euros, sen contar cos veciños (asociacións de veciños de Laña e Cabanas) e cos concelleiros da oposición a hora de facer o proxecto.
Nin sequera o Concello conta co financiamento para realizar a obra, polo que isto sona mais ben a anuncio electoralista que a outra cousa”
O proxecto é aprobado cos votos a favor do PP e as abstencións do grupo mixto e do PSdeG.

O punto quinto, expedientes modificacións de créditos, onde se acorda a modificación dos créditos 1/2018 (Convenio coa Deputación para a humanización do Adro de Santa Cristina  de Marcelle A Baña)  e 2/2018 (convenio coa Xunta De Galicia para a mellora da eficiencia enerxética nos alumeados públicos da Ermida  e Ser). Créditos extraordinarios, financiado con remanente para gastos xerais. O punto foi aprobado cos votos favorables de toda a incorporación.

O punto sexto, o Alcalde informou do trámite aberto do expediente para elixir Xuíz de Paz. Tamén comentou os datos das medicións de gas radon que se realizaron en distintas instalación municipais, cuns resultados dentro da normalidade, agás nun despacho do concello onde se vai repetir a proba. Do mesmo xeito, confirmou os resultados dos distintos organismos consultados para o cambio de actividade da casa reitoral de Monte, resultados que confirman a posibilidade do cambio de actividade sen prexuízo para o Concello, pasando de vivenda socio-comunitaria a un fogar de atención a nenos con trastornos intelectuais, xestionado pola asociación Anxiños.
No apartado de control (mocións), o noso voceiro defendeu a presentada o día 23 do presente mes, na que solicitamos se tomaran os seguintes acordos plenarios.
 1-        Que dende a concellería de Servizos Sociais, en conxunto coa de Educación, se faga unha campaña de sinalización con pictogramas, nos distintos edificios públicos(Concello, locais sociais, centro cívico, biblioteca, colexios, centro médico, polideportivas etc)
2-        Que dende o Concello se lle faciliten pictogramas identificando a actividade que desenvolven os locais comerciais do Concello, para que sexan colocados nas portas dos mesmos.
3-        Que na revista anual se faga mención a dita campaña co fin de que toda a veciñanza participe  activamente nesta iniciativa . 

A moción foi aprobada pola totalidade da corporación.

En canto a moción proposta  polo grupo mixto,  o noso portavoz presentoulle unha emenda para recoller na mesma o rexeitamento  o  proxecto da empresa Toysal que pretende abrir unha planta de reciclaxe de lodos, puríns, esterco e restos de animais non aptos para consumo, nos terreos da antiga canteira de  Casalonga no Concello de Teo, que afectará os 40.000 veciños, os peregrinos ó paso pola última etapa no Camiño Portugués, e nun futuro a medio prazo podería afectar dende Santiago ata a ría de Arousa, dado que a produción da planta influirá nos acuíferos que desembocan na mesma.
O partido popular a súa vez, presentou tamén unha emenda á mesma moción polo que se decidiu refundir todo na mesma moción.

En canto ós rogos e preguntas, despois da aclararlle ó Sr. Alcalde que esperamos máis feitos e menos letanía, propuxemos as seguintes cuestións: CONSULTAR AQUÍ

No hay comentarios: