MOCIÓN PARA INSTAR Ó CONCELLO DE A BAÑA, A CREAR UNHA LÍNEA DE AXUDAS CO FIN DE PROMOCIONAR A PARTICIPACIÓN DA VECIÑANZA NAS FESTAS DO ENTROIDO



O Entroido en Galicia, son unhas datas moi esperadas no calendario festivo, ao ser esta unha festa cunha longa tradición popular, onde os roles se inverten, e está permitido rirse de todo.

No noso Concello non é distinto. Hai unha longa tradición en participar nestas festas, e un nutrido grupo de veciños, acostuman a organizar comparsas, e facer divertidas carrozas, que pasean polos distintos concellos.

A súa arte nestas construcións quedou máis que demostrada, xa que carrozas e comparsas feitas por veciños de A Baña, acadaron importantes premios en prestixiosos concursos en diversas  vilas.

Os traballos de elaboración de carrozas e a preparación das comparsas son enriquecedores en moitos sensos.  Potencian a creatividade, fomentan as boas relacións entre os veciños e á hora de acudir os concursos, promocionan ao noso Concello alí por onde desfilan.

Despois de ter falado cos integrantes dunha das comparsas máis representativas do Concello, formada por veciños das parroquias de Lañas, Cabanas, Fiopáns, Troitosende e Monte, sabemos que  a falta de recursos económicos e sobre todo dun espazo común  onde poder facer os traballos de construción das carrozas, está a supoñer un serio impedimento  á hora  de participar nestas festas.

Co fin de dar unha solución a dito problema, e que os veciños un ano máis poida realizar as carrozas, solicitamos se tomen os seguintes acordos plenarios.

1-    Facilitar un local que cubra as necesidades básicas para poder elaborar os traballos de construción das carrozas.
2-     Subvencionar no  posible os desprazamentos das carrozas sempre e cando estas participen nos concursos das distintas vilas
3-    Incrementar o valor dos premios do concurso que organiza o Concello co fin de incentivar a participación no mesmo.   



A Baña, Setembro de 2018








No hay comentarios: