Resumo do pleno ordinario do dia 3 de outubro de 2018



Comeza o pleno as 14 horas, (ausente o concelleiro de CXG) quizás o pleno máis importante dos últimos anos, xa que se decidiría o futuro da casa reitoral, na que o Concello de A Baña leva invertido cerca de 700.000 €.
O primeiro punto da orde do día: aprobación se procede das actas das sesións anteriores, foi suspendido xa que  estas non foron facilitadas a tempo os concelleiros.

O segundo punto:  o Alcalde da por informada á corporación dos decretos emitidos dende o anterior pleno.

O terceiro punto da orde do día, elección de Xuíz de paz;  tras a pertinente votación quedou proclamado como candidato o único solicitante, cos votos a favor do PP e PSOE.

Terras de Compostela | Publicada: 03/10/2018


Punto número  catro:  Solicitude de cesión da Reitoral de San Mamede pola Asociación Anxiños.
O noso portavoz, José Antonio Pereira Gil, manifesta  que o informe presentado polo secretario municipal non recolle o gasto ó que tivo que facer fronte o Concello, na restauración e acondicionamento da vivenda .  Preguntoulle  ó Alcalde  canto se gastara en total dende o 2007 ata o día de hoxe  en dita casa  reitoral. Cantos cartos dos veciños que non se van recuperar pola mala xestión do Sr. Alcalde.
Recordoulle  que dende  o 2007, prometeu de maneira continua nas  distintas campañas electorais,  a construción da vivenda socio-comunitaria  que os últimos anos xa era un fogar residencial.
Manifestou que non só enganou os nosos maiores, senón tamén a moitos veciños que lles facía soñar cun posto de traballo nesa residencia como coidador.
“Neses anos moitos cursos de coidador e de xeriatría foron feitos polos veciños da Baña, para nada.”
“ Señor Alcalde, cos cerca de 700.000€ podiamos facer  2 centros de día para os nosos maiores a todo luxo.  Pero vostede  vai regalar esa inversión á Asociación  Anxiños, a que lle recoñecemos a súa boa labor,  pero que nada vai aportar os nosos maiores , converténdose ó final,  nunha vítima mais das súas mentiras”.
Non imos participar neste atropelo, polo que votamos en contra.
O punto é aprobado cos votos a favor do PP

O punto quinto:  festivos locais para o ano 2019, o noso voceiro manifesta que despois de preguntar a veciñanza os días máis solicitados son  o 22 de xaneiro (S. Vicente ) e o día 9 de setembro ( Virxe das Dores) sometido a votación, coincidindo ca proposta do PP, polo que quedan establecidos como festivos para o ano 2019

Punto sexto: aprobación Conta Xeral 2017
Tras cumprir os requisitos obrigatorios de exposición pública, e co informe favorable da intervención Xeral, esta é aprobada pola maioría do PP e a abstención do PSOE  
No apartado de control (mocións), o noso voceiro defendeu a presentada o día 20 de setembro, na que solicitamos se tomaran os seguintes acordos plenarios.
1- Facilitar un local que cubra as necesidades básicas para poder elaborar os traballos de construción das carrozas.
2- Subvencionar no  posible os desprazamentos das carrozas sempre e cando estas participen nos concursos das distintas vilas
3- Incrementar o valor dos premios do concurso que organiza o Concello co fin de incentivar a participación no mesmo.  
A moción foi aprobada cos votos a favor do PSOE e abstención do PP agás o concelleiro Manuel Tourís que voto en contra

E estes son os nosos rogos e preguntas Consultar AQUÍ

No hay comentarios: