OS SOCIALISTAS DE A BAÑA LAMENTAN “A FALTA DE RESPECTO” DE COMPROMISO POR GALICIA POR PLAXIAR NO PLENO UNHA MOCIÓN PRESENTADA POLO PSOE NA DEPUTACIÓN


No texto copiado, os socialistas demandan un censo da poboación de xabaríns para o seu control.

A Baña, 30 de novembro de 2018. Os socialistas de A Baña lamentan “a falta de respecto” de Compromiso por Galicia, que no último pleno municipal presentou unha moción “que plaxia parágrafos enteiros doutra xa presentada polo PSOE na Deputación da Coruña”.

“Consideramos que é un feito grave e escandoloso, presentar unha moción copiada reflicte ausencia de ética e que non hai ideas propias, pero non todo vale en política”, asegura José Antonio Pereira, voceiro dos socialistas no concello.

No texto plaxiado, os socialistas pedían na Deputación un acordo de todos os grupos para demandar un censo da poboación de xabaríns, un paso previo importante para controlalos e limitar os seus danos na  agricultura, a gandaría, a circulación viaria e o equilibrio medioambiental.

“Cando escoitamos a moción de Compromiso por Galicia, dímonos conta de que estabamos dacordo coa maior parte da exposición e os puntos 1, 2 e 5, pero non é casualidade, xa que era un plaxio da moción presentada polos socialistas na Deputación”, engade Pereira.

🔴 Parécenos escandaloso que se pretenda presentar unha moción copiada de outro grupo político, e asumila como propia. Supoño que isto pasa cando non hai ideas propias e o único que se pretende é xustificar un traballo que non é real.
Na terceira moción, esta presentada por CxG , para instar á Xunta De Galicia a adoptar medidas urxentes respecto á poboación crecente do xabaril, o noso portavoz non dubidou en dicir:
“En canto a moción temos que dicir que estamos de acordo en moitos dos parágrafos da exposición, así como nos puntos 1, 2, e 5. E non é casualidade que estamos de acordo, xa que tanto os puntos 1, 2, 5 como a maior parte da exposición son plaxios dunha moción que vostede señor Alcalde, como deputado provincial, seguro que recorda. Presentada polo grupo Socialista no pleno da deputación do 28 de setembro deste ano.
En canto os puntos 3 e 4, que xa dubido que sexan da súa invención, recoméndolle señor concelleiro, que se documente cando presente as mocións, xa que con data do 18 de abril deste ano, a Consellería de Medio Ambiente publicou un procedemento para a autorización de medidas de control por danos ocasionados polo xabaril, que regula a colaboración entre os cazadores e os produtores agrarios, tanto na forma de comunicar os danos, como no protocolo de actuación para evitar os mesmos.
Neste caso non imos apoiar esta moción , e non polo contido, do que o noso partido e partícipe, si non pola falta de respecto mostrada polo concelleiro de CxG ao plaxiar esta moción.”
A moción foi desestimada cos votos en contra do PP e a abstención do noso grupo.



Moción orixinal presentada polo Grupo PROVINCIAL Socialista o 28 de setembro de 2018. Todo o texto subliñado en laranxa foi copiado e integrado na moción presentada por CxG A Baña no pasado pleno ordinario en A Baña o 28/11/2018
Unha persoa comete plaxio se copia ou imita algo que non lle pertence e faise pasar polo autor diso sen a súa autorización. No caso de documentos escritos, por exemplo, se tipifica este delito cando, sen uso de comiñas ou sen indicar explicitamente a orixe, nin citar a fonte orixinal da información, inclúese unha idea, un parágrafo, unha frase allea, unha fotografía ou a obra completa.
Isto constitúe especificamente unha violación á paternidade da obra, considerada dentro do marco dos dereitos morais.


REPERCUSIÓN NOS MEDIOS


No hay comentarios: