Resumo do pleno ordinario do día 28 de novembro do 2017.


Comeza o pleno ás 14:00 horas, coa ausencia  anunciada da concelleira  Sandra López Fernández  (PP).

O  primeiro punto,  aprobación das actas das sesións anteriores, e  tras unhas  modificacións  que o noso portavoz  José  A. Pereira  solicita nas  actas número 6 e número 5, así como  unha corrección que solicita o grupo mixto, as actas son aprobadas e serán rectificadas para a súa posterior modificación.

No segundo punto do orde do día, o Alcalde da conta  dos decretos emitidos dende  o último pleno.
No punto terceiro, información Proxecto  Saneamento  de Troitosende  (A Baña) e Piñeiro-Tapia (Ames). O Alcalde informa  do estudio do proxecto de saneamento conxunto de Troitosende  (A Baña) e Piñeiro-Tapia (Ames) . O noso portavoz pregunta si xa se conta co financiamento  necesario para o proxecto, “un bo proxecto, pero cun custe de mais de 2 millóns de euros. Sr Alcalde este anuncio é similar o que fixo xa coa estrada  de Lañas. Proxectos electoralistas que non teñen  nin fecha nin financiamento”.
En canto a parte de control, na moción do grupo mixto  sobre a pegada de carteis , o noso voceiro  na súa intervención manifestou :
“Afirmar  por parte de vostede na páxina  do seu partido, que son o único partido que retira os carteis electorais,  teño que dicir que vostede minte. O que si pode dicir, é que é o único que se fai unha foto para xustificarse. Despois de campaña nos tamén fixemos un traballo de retirada de carteis, aínda que temos que admitir que seguro, quedou algún que por despiste ou esquecemento, non foi retirado. Cousa que non nos pasa  a nós solos,e para mostra un botón,  (mostra dúas fotos) estas dúas fotos de carteleira da súa agrupación. Unha en Fiopáns e outra nunha marquesiña  na  Ermida. Fotos que nos remitiron  veciños a nosa web o  día 2 do mes pasado.  

En canto á moción, o primeiro punto sobre a colocación de taboleiros de anuncio, temos que dicir que o levamos reivindicado dende o pleno do mes de novembro do 2016,  repetindo a solicitude  o ano pasado no pleno de marzo, e no de xaneiro de este ano. Como tamén solicitamos o arranxo dos poucos que hai polas parroquias, que en moitos casos están en pésimas condicións.
Sobre o segundo punto, descoñecemos si xa hai unha ordenanza, ou norma superior  que regule a pegada de carteis, pero o que si sabemos é que o de sancións exemplares, como vostede propón,  ir o peto dos veciños,  cando estes  non teñen un sitio alternativo para colocar os avisos.  non é a forma de corrixir o problema.
Respecto o terceiro punto , parécenos viable e necesario para desta forma radicar esta mala costume . E no tocante o cuarto punto, pola nosa parte non hai inconveniente.”
A moción foi aprobada por unanimidade.

A segunda moción a tratar, foi a presentada polo partido Socialista.  MOCIÓN PARA INSTAR AO CONCELLO  A  FACER  UNHA  REBAIXA  NA  TAXA  DO LIXO, COMO COMPENSACIÓN  ÁS  DEFICIENCIAS NO SERVIZO. Despois de un tenso debate onde o noso portavoz defendeu a idea de compensar os veciños cunha rebaixa no próximo recibo do lixo,( dada a falta de servizo nos últimos meses de recollida dos colectores amarelos), a   moción foi  apoiada polo grupo mixto pero rexeitada  pola maioría  do PP, facendo uso do voto de calidade o Sr Alcalde, grazas o cal, a moción foi desestimada.

Na terceira moción, esta presentada por CXG , para instar a Xunta De Galicia a adoptar medidas urxentes respecto á poboación crecente do  xabaril, o noso portavoz non dubidou en dicir:
 “En canto a moción  temos que dicir que  estamos  de acordo en moitos dos parágrafos da exposición, así como nos puntos 1, 2, e 5. E non é casualidade que estamos de acordo, xa que tanto os puntos 1,2,5 como a maior parte da exposición son plaxios dunha moción que vostede señor Alcalde, como deputado provincial, seguro que recorda. Presentada polo grupo Socialista no pleno da deputación do 28 de setembro deste ano.
Parécenos escandaloso que se pretenda presentar unha moción copiada de outro grupo político, e asumila como propia. Supoño que isto pasa cando non hai ideas propias e o único que se pretende  é xustificar un traballo que non é real. 

En canto os puntos 3 e 4, que xa dubido que sexan da súa invención, recoméndolle señor concelleiro, que se documente  cando presente as mocións, xa  que con data do 18 de abril deste ano, a Consellería de Medio Ambiente publicou un procedemento para a autorización de medidas de control por danos ocasionados polo xabaril, que regula  a colaboración entre os cazadores e os produtores agrarios, tanto na forma de comunicar os danos, como no protocolo de actuación  para evitar os mesmos.
Neste caso non imos apoiar  esta moción , e non polo contido, do que o noso partido e partícipe, si non pola falta de respecto mostrada polo concelleiro de CXG ao plaxiar esta moción.”
A moción foi desestimada cos votos en contra do PP e a abstención  do noso grupo.

A última moción,  na que se solicitaban medidas de apoio para as persoas afectadas pola  enfermidade  Celíaca, foi aprobada pola maioría da corporación. Neste caso  o noso portavoz explicou  que xa no pleno do día 2 de febreiro do 2017, o partido Socialista solicitara  que nos actos infantís, cando se distribuían alimentos, se teña en conta o aumento de nenas/os celíacos e con diferentes alerxias, e se  conte cunha alternativa para este colectivo.

En canto a rogos e preguntas estas son as formuladas polo noso grupo. Consultar na seguinte ligazón PREGUNTAS PRESENTADAS NO PLENO ORDINARIO DO DÍA 28 DE NOVEMBRO DE 2018

No hay comentarios: