Resumo do pleno extraordinario de 31 de outubro de 2018


Comeza o pleno as 14 horas, con dous únicos puntos na orde do día.
O primeiro, aprobación da modificación puntual do PXOM da Baña- Camiño de  Monelos,cunha breve exposición do Alcalde, manifestando que unha vez aprobado este punto, darase traslado a urbanismo, co fin de aprobar definitivamente a modificación do PXOM. Neste punto o noso portavoz manifestou a vontade do grupo Socialista de votar a favor, recordando que o final, a decisión que se toma despois de acudir ao Supremo, é a proposta dende un principio polo Partido Socialista de abrir o camiño ao medio. O punto foi aprobado cos votos a favor do PP e do PSOE  coa abstención do grupo mixto.

Terras de Compostela | Publicada: 31/10/2018

No segundo punto, aprobación do proxecto de ampliación do camiño de Monelos, Jose Antonio Pereira xustificou o voto de abstención, xa que no proxecto detectamos certas necesidades que non están incluídas, “unha rúa que da a praza do Concello non pode estar sen  beirarrúas e sen alumeado público”. En canto o firme da vía, os 15 cm de formigón son insuficientes tal e como marca a normativa de firmes do Ministerio de Fomento para este tipo de vías, sendo o recomendado 18 cm. O punto foi aprobado cos votos a favor de PP e as abstención do PSOE e do Grupo Mixto. 

No hay comentarios: