MOCIÓN PARA INSTAR Ó CONCELLO A FACER UNHA REBAIXA NA TAXA DO LIXO, COMO COMPENSACIÓN ÁS DEFICIENCIAS NO SERVIZO.


O Grupo Municipal do Partido Socialista en A Baña en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime xurídico das Entidades Locais e demais normativa de aplicación, presenta a seguinte moción.
EXPOSICIÓN DOS MOTIVOS:
Dende o mes de agosto os veciños de A Baña estamos a sufrir serias deficiencias no servizo de recollida de lixo.
A recollida de residuos dos colectores amarelos, e a xestión do punto limpo que realizaba a empresa Soil Recovery, deixouse de facer ao entrar esta en quebra. Detectado o problema, dende o Partido Socialista, solicitouse en varias ocasión que se atallara o asunto o antes posible, como fixeron outros concellos, co fin de minimizar as molestias que se estaban a ocasionar á veciñanza.
A falta de axilidade por parte do Concello en solucionar o devandito problema, fai que levemos xa máis de dous meses cos colectores amarelos a rebordar coa conseguinte problemática hixiénica e medio ambiental, que orixina o ter ao lado das vivendas bolsas de lixo polo chan.
Sendo dos concellos que mais pagamos no recibo do lixo 73.13 € fronte os 59 € que paga Negreira ou os 65 € que paga Santa Comba. O noso servizo deixa moito que desexar en canto aos días de recollida, ao número de colectores así como a limpeza dos mesmos, ao que agora se suma esta nova deficiencia.
É por isto que propoñemos para aprobar no pleno municipal o seguinte acordo:
ACORDO:
⦁ Que o interventor calcule o porcentaxe a bonificar, de acordo os días que non houbo servizo.
⦁ Modificar a ordenanza fiscal reguladora da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana no capítulo 3º artigo 7 (exencións e bonificacións), e contemplar a bonificación correspondente.
⦁ Publicar a nova ordenanza no BOP
⦁ Proceder no próximo recibo a realizar o desconto correspondente a todos os usuarios.

José Antonio Pereira Gil
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de A Baña

A Baña, a 8 de novembro do 2018

No hay comentarios: