O Concello de A Baña incumple as súas obrigas económicas coa Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos de Barcala


D. José A. Pereira Gil con DNI 32XXX782P como Portavoz Municipal do Partido Socialista no Concello de A Baña, ao amparo do disposto no art. 97 do real decreto 2568/1986, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, formulo a seguinte solicitude:
A Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Comarca da Barcala, situada no Concello de Negreira, fai unha gran labor preparando aos seus usuarios para levar unha vida normalizada, realizando actividades en circunstancias o máis semellantes ao día a día que atoparán fora das instalacións.
A maior parte dos usuarios, son veciños da Baña que se desprazan ao centro, de luns a venres, para realizar distintas tarefas.
O financiamento da Fundación é variado, e tras a modificación dos estatutos fai uns anos, o Concellos da Baña e o de Negreira pasan de ser uns meros espectadores, a formar parte como membros do padroado, o que implica aceptar as obrigas e os dereitos.
O pasado ano ante a mala situación económica da Fundación, os dous Concellos chegaron ao acordo de facer unha achega de 8000€ cada un, para sanear as posibles débedas. Dita achega foi realizada polo Concello de Negreira, pero a día de hoxe o Concello de A Baña segue sen aportar a súa parte. Esta irresponsabilidade por parte do Concello da Baña está a levar á fundación a unha situación crítica.
A Fundación atópase dende finais do ano pasado con graves problemas de financiamento. O persoal propio da Fundación, leva sen cobrar os seus salarios dende o mes de novembro, e a débeda non remata aí, senón que tamén se debe parte do transporte dos usuarios, así como o pago dos materiais utilizados nas súas actividades. Ante a precaria situación da Fundación
SOLICITAMOS: Que de maneira inmediata, o Concello de A Baña, ingrese a achega correspondente co fin de solucionar dita situación.


Visita de José Antonio Pereira Gil, concelleiro e portavoz municipal do Grupo Socialista no Concello de A Baña ás instalcións da fundación, para interesarse persoalmente da problemática pola que está atravesando a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Comarca da Barcala.

A Baña, a 15 xaneiro do 2019

No hay comentarios: