O PSOE DE A BAÑA HOMENAXEA ESTE DOMINGO A TODOS OS CONCELLEIROS E CONCELLEIRAS SOCIALISTAS DA DEMOCRACIA



No acto participará o primeiro alcalde socialista que tivo o municipio, Francisco Villaverde Marcos




www.clm24.es



A Baña, 5 de abril de 2019. O PSOE de A Baña homenaxeará este domingo a todos os concelleiros e concelleiras socialistas que exerceron o seu traballo no municipio durante o actual periodo democrático.

“O pasado 3 de abril cumpríronse 40 anos das primeiras eleccións municipais da democracia, eran tempos difíciles e arriscados para participar na actividade política”, lembra José Antonio Pereira, portavoz socialista e candidato á alcaldía de A Baña.

“A pesares desa dificultade, houbo persoas moi comprometidas e valentes que deron un paso ao fronte e decidiron ser candidatas nos seus concellos, e por todo isto, desde a Agrupación Socialista de A Baña queremos recoñecer o esforzo e dedicación dos concelleiros e concelleiras socialistas que formaron parte da democracia municipalista no noso concello”, engade.

Por todo iso, este domingo haberá un xantar de confraternidade no restaurante ‘O Arranca’, na parroquia bañesa de Ordoeste. O acto contará coa presenza do primeiro alcalde socialista que tivo o municipio, Francisco Villaverde Marcos (1979-1995).

No xantar participarán os actuais membros do Grupo Municipal Socialista  e os preto de trinta concelleiros e concelleiras socialistas que formaron parte da corporación local.

No hay comentarios: