Partido Popular e Compromiso por Galicia da Baña bloquean os as remuneracións no Concello da Baña



🔴 Unha nova abstención de Compromiso por Galicia (dous concelleiros) e o voto en contra do Partido Popular (cinco concelleiros) impide que o Alcalde de A Baña, José Antonio Pereira Gil, e a concelleira Mónica González García obteñan remuneración polo traballo que desenvolven ao fronte do Concello da Baña. Así mesmo seguirán sen asegurar.
Por parte da oposición non se presenta ningunha proposta.

🗣 “Levamos case dous meses sen cobrar atendendo e intentando solucionarlles os problemas á veciñanza e sen estar cubertos pola Seguridade Social” en caso de sufrir algún contratempo, indicaba o alcalde, que pedía responsabilidade aos partidos da oposición. De non aprobarse “teremos que incorporarnos aos nosos traballos e vir ao concello un día pola tarde, polo que non poderemos atender á veciñanza como se merece”, dixo.

✅ O 22 de xaneiro e o 9 de setembro serán festivos locais.

✅ Por unanimidade aprobouse sacar a licitación a renovación de luminarias e os representantes nos órganos colexiados.

#EnPleno #ABaña #PlenoOrdinario #GrupoMunicipalSocialista

👇 Compartimos o vídeo íntegro, do primeiro pleno ordinario da lexislatura 2019-2023 celebrado o 5 de agosto de 2019 no salón de plenos do Concello da Baña.


No hay comentarios: