463.554,24 €uros da achega inicial do Plan Único 2020


O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, cos votos favorables de PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños e abstención do PP, as bases reguladoras do Plan Único do vindeiro ano (POS+2020), que distribuirá inicialmente 47,2 millóns de euros entre os concellos coruñeses.

Pleno da Deputación da Coruña do 25 de outubro de 2019


Trátase da achega inicial do Plan Único 2020, que como todos os anos irá incrementándose progresivamente ao longo do exercicio coa incorporación de remanentes, pero permite aos 93 concellos da provincia planificar os seus orzamentos municipais e investimentos de cara ao vindeiro ano, ao contar xa dende hoxe cunha previsión mínima de ingresos por parte da Deputación que poderán destinar, en función das súas necesidades, á execución de obras, ao financiamento de parte do gasto corrente dos seus servizos básicos, ou a sanear as economías municipais amortizando débeda con provedores ou entidades bancarias.

Máis info en https://cutt.ly/lek4TPF

No hay comentarios: