Á 𝗺𝗲𝘀𝗮 𝗱𝗼 𝗣𝗮𝗿𝗹𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮
Noa Díaz Varela, Patricia Otero Rodríguez e Paloma Castro Rey , deputadas pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 2ª.
A estrada de titularidade autonómica AC 546 é a principal vía de comunicación entre Santiago e a Costa da Morte, unha vía de comunicación que é transitada cada ano por máis de millón e medio de vehículos.
A citada estrada divide á metade as parroquias da Barcala, Ordoeste e Corneira, todas elas pertencentes ao concello d a Baña, razón pola que diariamente esa veciñanza, moita de alta idade, ten que cruzar o viario, coa perigosidade que supón ao non existir ningún paso de peóns.
Ao longo dos últimos anos producíronse nese viario varios accidentes graves, con atropelos de veciños, nalgún caso con consecuencia de morte. Non en van, foi incluído pola Dirección Xeral de Tráfico no mapa nacional de tramos máis perigosos.
Os habitantes destas parroquias recolleron sinaturas no ano 2016 demandando unha regulación semafórica, acompañada de paso de peóns, desta estrada de titularidade autonómica para protexerse durante a realización das actividades diarias que os obrigan a cruzar a vía.
Tamén a comezos de 2018 este grupo parlamentario rexistrou unhas iniciativas sumándonos ás reclamacións dos veciños e veciñas sen que o problema estea hoxe solucionado.
Por todo o exposto, as deputadas que asinan preguntan:
No hay comentarios:
Publicar un comentario