Á mesa do Parlamento de Galicia. Ausencias da pediatra do Centro de Saúde da Baña


Noa Díaz Varela, Julio Torrado Quintela e Marina Ortega Otero, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 5ª.

A atención ás comarcas rurais e a loita contra o seu despoboamento pasa polo mantemento e consolidación dos servizos básicos, e en maior medida en zonas nas que existe un problema  demográfico. A atención sanitaria é un deles.

O Servizo de Pediatría do Centro de Saúde da Baña dá atención a 238 nenos e nenas de entre 0 e 14 anos (datos do INE de 2019) unicamente os martes e xoves de cada semana. Este servizo leva tempo atopándose con problemas de bido a que as vacacións ou días libres da facultativa non son substituídas. 

Neste último período vacacional a solución que deron dende a Xunta de Galicia foi desviar os menores de 3 anos ao centro de saúde de Negreira, mentres que os maiores desa idade era n atendidos polo médico de cabeceira, no que é claramente unha disfunción do servizo xa que non é ese o profesional que debía atendelos.

Ese servizo de pediatría está compartido co concello de Mazaricos (a 18 km), que atende os luns, mércores e venres, ex istindo aí tamén outra disfuncion xa que o máis lóxico sería facelo con Negreira (7 km), non só por proximidade senón porque se atopa xa na ruta cara ao hospital de referencia, o Centro Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela , no caso de ter q ue acudir a este por unha urxencia.

Por outra banda, dende hai un tempo nese mesmo c entro de s aúde o servizo de matrona ampliouse aos sábados, reducíndose así o horario de atención da matrona durante a semana. Este cambio organizativo, non demandado pola poboación d a Baña, obriga a manter o centro aberto na mañá dos sábados, co conseguinte incremento de custes de limpeza e su b ministros que ten que asumir o Concello. As usuarias dese servizo manteñen que prefiren asistir entre semana e por iso solicitan que se volva aos horarios anteriores de luns a venres.

Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as seguintes preguntas:

1ª) Como se vai garantir a axeitada cobertura pediátrica na Baña?

2ª) Vai o Sergas cubrir as ausencias da pediatra do Centro de Saúde da Baña?
3ª) Pensa aceptar a petición da veciñanza de compartir o pediatra co centro de saúde de Negreira en vez de co de Mazaricos?
4ª) Ten previsto o Sergas recuperar a atención de luns a venres durante toda a mañá do servizo de matrona do Centro de Saúde da Baña?






No hay comentarios: