O Concello da Baña debe
actualizar de novo o recibo do lixo para o ano 2021, o que supón un aumento do
5%.
Do mesmo xeito debe
realizarse a actualización do IPC, que este ano é -0,4, polo que a suba total
do recibo do lixo, sería dun 4,6% para o ano 2021.
No actual contexto de crise
económica que estamos a sufrir a consecuencia da actual pandemia provocada pola
covid-19, consideramos que sería necesaria a conxelación do recibo do lixo, e
así, contribuír a manter a economía da veciñanza do noso concello.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista do Concello da Baña, somete a votación a seguinte ACORDO para ser aprobado no Pleno:
Manter os mesmos prezos para
o ano 2021 que no ano 2020 para as taxas do lixo, co fin de que a veciñanza do
noso Concello, nesta situación de crise económica, producida pola covid-19, non
soporte un incremento nas novas taxas, e así contribuír coa veciñanza nestes
momentos difíciles.
A Baña, 21 de outubro de 2020
O Alcalde do Concello da Baña
José Antonio Pereira Gil
No hay comentarios:
Publicar un comentario