D. José Antonio Pereira Gil, portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello da Baña e ao abeiro do disposto no artigo 97 do Real decreto 2568/1986, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,
EXPÓN:
Que a día de hoxe os novos casos diagnosticados por PDIA no Concello da Baña superan os 20 casos activos, nos últimos 14 días.
Que tanto o Grupo Socialista como a veciñanza descoñecen as medidas que se van adoptar, ou se hai un plan do equipo de goberno.
Que este aumento considerable de casos, así como, o empeoramento da situación epidemiolóxica nos concellos limítrofes aos que a nosa veciñanza acude diariamente, require unha análise da situación sanitaria do noso Concello.
Ante a falta de interese do grupo de goberno neste asunto,
SOLICITAMOS:
-A convocatoria urxente da comisión COVID
-A cancelación dos actos innecesarios, que impliquen aglomeración de xente, co fin de evitar novos contaxios.
-Unha maior transparencia por parte do grupo de goberno, coa publicación actualizada dos casos activos nas redes sociais do Concello, xa que na publicación de hoxe míntese nos datos, sendo o número real de 20 casos activos.
A Baña, 27 de decembro de 2021
No hay comentarios:
Publicar un comentario