O concelleiro e portavoz do grupo municipal PSdeG-PSOE, Jose Antonio Pereira, solicita que se cubran as baixas ó 100% así como o persoal que está de vacacións, co fin de solucionar o colapso do centro de saúde da Baña.

D. Jose Antonio Pereira Gil, portavoz do grupo municipal socialista do Concello da Baña, e ao abeiro do disposto no artigo 97 do Real decreto 2568/1986, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidais locais,


EXPÓN:

Que actualmente o número de casos diagnosticados por PDIA no Concello é de 44, número moi superior a calquera momento desta pandemia. Casos que sumados ás consultas habituais do centro médico, fan que o centro de saúde, atópese saturado, e que os profesionais que alí traballan se vexan desbordados nunha situación sen precedentes.

A esta situación extraordinaria engadímoslle que, a día de hoxe dos 3 médicos de familia que consultan de maneira habitual, un está de vacacións e outro se atopa de baixa.

Que como reforzo só está vindo un médico 2 horas  ó día. 

O resultado desta situación é o colapso total do centro médico, e en consecuencia, a veciñanza que acude a consulta, ten que esperar horas e horas para ser atendidos.


Ante a falta de interese do grupo de goberno neste asunto,


SOLICITAMOS:

- Que se pida aos responsables do Sergas en Santiago, D. Felipe Calle, director de Atención Primaria, e Dª Eloína Núñez, xerente da área sanitaria de Santiago, o reforzo inmediato do cadro de persoal médico do centro de saúde. 

- Que se cubran as baixas ó 100% así como o persoal que está de vacacións, co fin de solucionar o colapso do centro de saúde da Baña.


A Baña, 3 de Xaneiro de 2022




No hay comentarios: