Pleno ordinario Concello da Baña - 14-01-2022

Réxime retributivo da Alcaldía.


Vou facer un pequeno repaso sobre os salarios que se puxo o Sr Garcia Cardeso, nas últimas lexislaturas 

Ano 2007     56.000 € anuais  4000€ mensuais

Ano 2011     52.000 € anuais  3.749€ mensuais

Ano 2015     40.400 € anuais  2.885€ mensuais MÁXIMO QUE PERMITE A LEI

No ano 2019 néganse a aprobar o meu salario. Polo grupo Popular, foron un sin fin de escusas con tal de votar en contra, e non aprobar o salario. E así nos tiveron durante 6 meses, sin soldo, e de ser polo PP estariamos todo o tempo sin un salario. Como dicía o seu compañeiro de partido, “cuanto peor mejor.”  A ver si nos cansábamos e abandonabamos.

Solo despois de 6 meses, o seu socio de moción aprobou un salario 30.000€; 1.668€ mensuais.  10.400€ por abaixo do salario que tiña vostede. Incrible pero certo.

Pero agora si, agora que non está o PSOE, devólvense os favores PP-CXG e veña 3.000€ máis para o Alcalde. E aquí non pasa nada, o que dixo o Sr. Ramos fai 2 anos non vale nada, normal, tamén dicía que ia  sacar o Sr. Garcia Cardeso, e 2 anos despois volve a poñelo. A súa palabra non vale nada Sr. Ramos 

E agora presentan aquí, un aumento en salarios de case 7.000€ o que lle hai que sumar  4.800 pola súa teima de facer plenos mensuais, máis 1.800 nas novas Xuntas de Goberno. Un gasto a maiores en salarios de máis do 20% 13.600€ para a saca, e viñan facer rexeneración política, teñen vostede máis cara que lombo

Pero vostedes non teñen vergoña, sabe como se chaman os que non teñen vergoña, en castelán sinvergüenzas, e  en galego lerchos. Pero non é nada novo, o seu sempre foi amor polo traballo, todos lembramos que ademais do seu salario entre os anos 1999 e 2003 o seu grupo cobrou mais de 45.000€ en dietas. Pregunte a tesoureira canto cobramos nos en dietas ou quilómetros. 0 €

E dicían que viñan a renovar a política, onde esta a coherencia. 

O Alcalde debe ter un salario dende o primeiro día, un salario de acorde ás responsabilidades do seu posto. É O máximo responsable de todo o que acontece no Concello, e debe cobrar de acordo a esa responsabilidade.

E Igual de responsable é un alcalde do PP que un do PSOE. Pero para vostede non é así, os do PSOE si non cobran  mellor, a ver si se aburren e marchan. Eso si,   vostede si pode arramplar 56.000, mellor que 30.000, e si de paso pode meter dietas, aínda mellor. Esa é a diferencia entre vostede e nos.

Fagan o que queiran, que xa o leva facendo 24 anos, e aínda que agora que non teñen maioría, contan co apoio de CXG, para seguir facendo e desfacendo o seu antoxo. Pero non se fíen, que xa o quitaron unha vez, e se non hai caramelos, igual o quitan outra.   

Polo noso grupo non vai haber problema, ímonos abster, póñase o salario que queira, e empecen a traballar.


Réxime retributivo da Concellería de Cultura,Educación, Muller, Igualdade e Normalización Lingüistica.


Respeto a retribución da concelleira. Empezar dicindo que defendo que a Concelleira perciba un soldo polo traballo que fai. No que discrepo é na cantidade proposta porque non alcanzo a entender o porqué desa cifra de 16000 euros e xornada de 25 horas mensuais. Non me parece coherente posto que a compañeira concelleira Alicia Blanco que ocupou ese cargo na anterior lexislatura tiña adicación de 4 horas e cobraba 12000 euros. Nun goberno en maioría, no que pudieron estipular as horas de adicación e o soldo que vostedes quixeron pero, entendo que creron acertado que fosen esas horas e ese salario. Seguiron ese mesmo criterio para fixar o soldo que eu mesma percibín cando ocupei ese cargo.

Entón se mo permite señor César Ramos vou a parafrasealo e vou facer miñas unhas verbas súas do 29 de xuño do ano 2019 dicindo que se a anterior concelleira cobraba 12000 euros e tiña unha dedicación de 20 horas semanas non sei a que vén que cobre máis. 

Vostede tamén recoñeceu (5 de agosto do 2019) que a concelleira necesita máis horas e que tamén as necesitaría a de Negreira, a de Vimianzo, … pero o noso concello é o que é. Como dicía, o hoxe alcalde, ese mesmo día a situación socioeconómica do concello é a que é polo que non ten sentido ese incremento de horas na dedicación. Efectivamente o noso concello segue a ser o mesmo, non mudou.

Por tanto, e conclúo, sexan coherentes co que dixeron no pasado e se crían xustos os soldos que vostedes nos aprobaron pois mantéñanos, se valían para nós por que non valen para vostedes ou recoñecen que non eran xustas as retribucións que nos aprobaron? . A veciñanza non entende esa subida porque non hai criterios obxectivos que a sustenten.

E antes de que me digan que distorsiono o que se dixo no pleno do 29 de xullo do 2019 ou no de agosto dese mesmo ano invito aos veciños/as que o vexan e saquen as súas propias conclusión.


Periodicidade  das sesións plenarias


No pleno organizativo, do 15 de xullo do 2019, o noso grupo propoñía que os plenos foran bimensuais, xa que nun concello como o noso, con menos de 3.500 habitantes, non sempre hai contido para levar de carácter mensual, e de ser necesario por circunstancias cabe a figura dos plenos extraordinarios.

Tanto vostede Sr. Cardeso como o seu colega,  insistiron en que deberían ser de carácter mensual. Vostede argumentaba que era necesario para ter un maior control, cando durante o seu mandato foron sempre bimensuais. O seu socio, Sr Ramos, dicía  o mesmo, que tiñan que ser mensuais, e agora veñen á comisión informativa con dúas propostas, mensual ou bimensual, nin vostedes se aclaran. Saben que no Concello da Baña, un pleno mensual non ten sentido. Na metade dos plenos non hai asuntos de relevancia para someter. Que  a preparación do pleno, así como a convocatoria, redacción de acta, tal e como dixeron na comisión informativa, supón ocupar a 2 funcionarios unha semana, e a maiores, supón un gasto innecesario (800 € cada sesión 4800€ o ano). Pero aínda admitindo todo iso na comisión informativa, non son capaces de rectificar. E veñen aquí cunha periodicidade mensual....

Polo tanto o noso grupo vaise absterse, impoñan vostede de novo o que queiran.


Xuntas de Goberno


No pleno organizativo, do 15 de xullo do 19, o noso grupo propoñía a realización dos plenos de carácter bimensual e establecer as Xuntas de Goberno, estas sen apenas gastos para o Concello por estar formadas por 2 concelleiros e o Alcalde. Estas xuntas exercerían as atribucións que delegara o alcalde, o pleno e aquelas que expresamente lle asignen as leis.

Vostede Sr. Garcia Cardeso opúxose a constituír dita comisión, cando no seu mandato si existía. Dicía que con un pleno mensual xa non eran necesarias,. E que dicir do seu tenente de alcalde, o Sr Ramos que dicía que non era necesario, xa que as competencias podían ser asumidas polo Alcalde ou polo propio pleno, e con máis razón, sendo os plenos mensuais. E que non facelas, era un aforro para as arcas municipais.

E agora, "DONDE DIJE DIGO, DIGO DIEGO",  e de novo o tándem PP-CxG á deriva, pero quen vai ao volante?, sexan coherentes, non eran os que viñan a renovar a política? Agora si que van convocar as Xuntas de Goberno. Isto é un despropósito, o que fai 2 anos non valía, agora vale. Isto demostra que o único que lles interesaba fai 2 anos era entorpecer o noso traballo, impedir que o Concello funcionara. O de sempre, o no  polo no. Non teñen palabra, non son coherentes. 

En fin impoñan o seu criterio. Nos imos absternos.



No hay comentarios: