Plan de Obras e Servizos para o ano 2022. Proposta do Grupo Municipal Socialista


O próximo 11 de febreiro remata o prazo para presentar na Deputación da Coruña os proxectos a incluír no Plan de Obras e Servizos para o ano 2022.

Que a día de hoxe, o grupo de goberno aínda non se puxo en contacto co Grupo Socialista para acordar os proxectos a desenrolar no denominado plan.

Ante a falta de interese do grupo de goberno neste tema,


SOLICITAMOS:

Se teñan en conta os seguintes proxectos para incluír no POS 2022, se debatan de maneira conxunta entre os tres grupos, e se aproben en pleno.

1. Mellora do firme con aglomerado en quente no tramo da estrada dende Portochán ata a igrexa de Troitosende.

2. Mellora do firme con aglomerado en quente no acceso a Quintáns, Troitosende.

3. Mellora do firme con aglomerado en quente no tramo da estrada de Cantalarrana á estrada de Lañas, pasando pola Escola Unitaria.

4. Mellora do firme con aglomerado en quente no tramo da estrada dende o cruce (unitaria de Lañas) a Meimendre.

5. Pav. Camiño Cabanas conexión AC-406.

6. Mellora do firme con aglomerado en quente no tramo da estrada dende o cruce (tanatorio a Baña) ata o alto de Emes, cunha senda peonil ata o cemiterio.

7. Mellora do firme con aglomerado en quente no tramo da estrada dende Vilar de Suso ata o límite con Negreira.

8. Enganche ao saneamento das vivendas do lugar de Seilán

9. Finalizar o saneamento na parroquia de S. Vicenzo da Baña nos lugares de Liñares, S. Salvador e Xasoso.

No hay comentarios: