Como todos sabemos o Concello da Baña a día de hoxe está sendo vítima das empresas eólicas, que teñen previsto instalar no noso territorio 6 parques eólicos. Preto de 43 torres eólicas pretenden ser instaladas, quedando 5.900 Hectáreas ocupadas polas poligonais, o que afectaría ao 60% do territorio do Concello.
Tras a presentación de preto de 3.000 alegacións por parte do Concello e dos veciños, encontra destes proxectos, consideramos que é necesario poñer as maiores trabas posibles a estas empresas para evitar que o noso Concello se converta na central eléctrica do pais.
No pasado mes de novembro, na comisión informativa previa ao pleno do día 24, propoñiamos a modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto de construcións, instalacións e obras para aqueles proxectos cun orzamento maior de 2.000.000 €. Pretendíamos modificar o tipo de gravame, para as obras cun presuposto de execución material manifestamente superior ó do común das actuacións habituais no Concello da Baña, en concreto ás vinculadas coa implantación de elementos relacionados coa enerxía eólica, que implicarán unhas condicións negativas para o noso Concello. Con esta modificación pretendemos dificultar a construción destas instalacións que apenas deixan beneficios e si moitos problemas á nosa veciñanza.
A nosa sorpresa foi que nesa comisión informativa, pese a ter informe favorable da Tesourería así como da intervención e secretaría do Concello, o tandem CXG-PP opuxéronse a levar a pleno dito punto. Alegando polo PP que sería segundo o Sr. Landeira, un agravio comparativo contra as empresas do sector eólico.
O Sr. García Cardeso, insistía en que non tiña suficiente cobertura legal dita modificación.
O Sr. Ramos dicía que non atopara ningún Concello que tivera distintos tipos de gravame, segundo os orzamentos a executar.
Aclarando que se trata no fondo dunha traba máis para que non veñas os eólicos para o noso Concello, aínda que non lle guste o Sr. Landeira, que se prexudique ás empresas eólicas, que pode estar nos límites da legalidade como di o Sr. Cardeso e confirmándolle o Sr. Ramos, que cando non lle interesa pouco busca, xa que Concellos como Brión, Zas, ou Mazaricos, sen ir máis lonxe, contemplan varios tipos de gravame, xusto neste liña.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista do Concello da Baña, somete a votación a seguinte ACORDO para ser aprobada en Pleno:
A modificación do artigo 7 da ordenanza fiscal reguladora do ICIO, quedando da seguinte maneira,
A cota de este imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame que se fixa como:
O tipo de Gravame será o 2% da base para obras de ata 2.000.000,00 €; e a partir desa cifra aplicarase o 4%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario