Sobre este punto, comentar que parécenos lamentable a forma de actuar que está tendo o grupo de goberno. Unha forma autoritaria, na que non contan coa opinión da oposición, unha oposición respaldada cos votos de máis de 900 veciños. A que ata fai uns meses era o grupo de goberno, e que durante os dous anos de goberno, para aprobar o POS, sempre fixemos reunións previas para escoitar as distintas propostas dos outros grupos, debater e acordar de forma conxunta.
Esta forma de actuar non nos sorprende, vostede Sr. Andrés xa o fixo durante 24 anos. Pero que os seus socios, que ían de abandeirados do diálogo, os que pedían consenso e acordos, Iso que tanto criticaba CXG, que agora lle permitan seguir coa tradición do seu grupo de facer as cousas sen contar cos demais, non o entendemos. Pero claro, CXG tamén dicía que viña para sacar ao Sr. Cardeso. E o que fixo foi o contrario, volver a perpetualo na Alcaldía.
Como xa non esperábamos outra cousa, o día 24 de xaneiro presentamos un escrito no que expoñiamos algunhas das obras solicitadas polos veciños para mellorar o noso municipio.
1. Mellora do firme con aglomerado en quente no tramo da estrada dende Portochán ata a igrexa de Troitosende.
2. Mellora do firme con aglomerado en quente no acceso a Quintáns, Troitosende.
3. Mellora do firme con aglomerado en quente no tramo da estrada de Cantalarrana á estrada de Lañas, pasando pola Escola Unitaria.
4. Mellora do firme con aglomerado en quente no tramo da estrada dende o cruce (unitaria de Lañas) a Meimendre.
5. Pav. Camiño, Cabanas conexión AC-406.
6. Mellora do firme con aglomerado en quente no tramo da estrada dende o cruce (tanatorio a Baña) ata o alto de Emes, cunha senda peonil ata o cemiterio.
7. Mellora do firme con aglomerado en quente no tramo da estrada dende Vilar de Suso ata o límite con Negreira.
8. O enganche ao saneamento das vivendas do lugar de Seilán. E Finalizar o saneamento na parroquia de S. Vicenzo da Baña nos lugares de Liñares e Xasoso.
Na súa proposta vemos que inclúen o saneamento de Xasoso, cousa que nos alegra, lamentamos que non incluían o de Liñares e o do Seilán, ambos moi necesarios.
Sorpréndenos que deixen para gasto corrente a cantidade de 119.000€, xa que durante o noso mandato, cando nos quixemos deixar no ano 2020 unha cantidade similar para facer fronte os gastos do concello, vostede e o seu socio, como sumaban a maioría, solo nos permitiron deixar 47.000€ .
Recordan que o secretario no pleno do 27 de maio do 2020, advertiu mediante un informe con data do 25-05-2020 a necesidade de deixar os 147.000€ do POS+ ADICIONAL para gasto corrente, xa que de non facelo poñíase en risco a estabilidade económica do Concello. E unha vez mais vostede, e o Sr Ramos, co fin de boicotear o bo funcionamento do Concello, e facendo caso omiso o informe do secretario votaron en contra.
Recordan que o mesmo fixeron o ano pasado. Entre os dous, pactaron como sempre, e coa súa maioría solo permitiron que deixáramos 45.000€ para gasto corrente, o que dificultou o pago aos provedores o segundo semestre do ano pasado.
Como xa lles dixen en varias ocasións, coas súas estratexias, non me afogaban a min, estaban afogando a situación económica do Concello.
Pero de novo agora que están votedes gobernando cambian os criterios, que niso son expertos.
Pois saben que lle digo? O que xa dixen outras veces, nos non somos como vostedes, e imos a votar a favor. Por que a diferencia é que a nos, si que nos importa que o Concello funcione. Gobernemos nos ou desgobernen vostedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario