"A verdade que non damos crédito o que aquí traen ao pleno".


No pleno organizativo, do 15 de xullo do 2019, o noso grupo propoñía que os plenos foran bimensuais, coas Xuntas de Goberno mensuais, onde habería representación dos tres grupos, xa que nun concello como o noso, con menos de 3.500 habitantes, non sempre hai contido para levar de carácter mensual, e de ser necesario por circunstancias sempre cabe a figura dos plenos extraordinarios.

Tanto vostede Sr. Cardeso como o seu socio, insistiron en que deberían ser de carácter mensual. Vostede argumentaba que era necesario para ter un maior control. O seu socio, Sr Ramos, dicía  o mesmo, que tiñan que ser mensuais, e de haber xuntas de goberno, tería que haber representación dos tres grupos.

Na comisión informativa do mes pasado viñan con dúas propostas, mensual e bimensual. Cousa que xa nos sorprendeu, nin vostedes sabían o que querían. 

Chegan o pleno e propoñen que sexan mensuais. Ao que nos dicimos, o mesmo que no 2019. Que no Concello da Baña, un pleno mensual non ten sentido, e mais habendo xuntas de Goberno  de carácter mensual. Na metade dos plenos non hai asuntos de relevancia para someter, e que  a preparación do pleno, así como a convocatoria e redacción de acta, supón ocupar a dous funcionarios  varios días. E vostedes votaron unha vez mais, que os plenos foran mensuais.

E agora, un mes despois, presentan de novo a proposta de periodicidade, para facer os plenos bimensuais.

Pero quen vai ao volante neste desgoberno? "Pa diante e patrás". Levan tres meses, e o seu lema é “donde dije digo, digo Diego.” A liña do Sr. Ramos, digo que quito ao alcalde que leva 24 anos arruinando ao Concello da Baña, pero logo collo, e póñoo outra vez.

Recórdolles que representamos a mais de 900 veciños,  que para acordar o POS, quizais unha das decisións mais importantes que se toman no concello, non nos convocaron a ningunha reunión nin nos consultaron nada. Para o Plan Marco, pese a que lle solicitamos unha reunión especifica para falar sobre as distintas propostas a incluír, ignórannos por completo. Non nos informan de nada, nos exclúen das xuntas de Goberno. E agora queren, solo dar explicación do que fan, cada dous meses

Plenos cada dous meses claro que si, pero incluíamos nas Xuntas de Goberno, para ter aceso as decisións que toman e non ter que esperar dous meses a saber que pasa no Concello.

Unha vez mais o noso voto non é decisivo. Pero de novo terán o noso voto a favor, si nos inclúen nas Xuntas de Goberno para poder fiscalizar en tempo, as decisións que se toman no Concello. 





No hay comentarios: