En primeiro lugar queremos manifestar o enfado do noso grupo, e a falla de respecto pola súa parte, cara os preto de 1000 veciños os que representamos, polo atraso en contestar as nosas preguntas, con escasas 24 horas de antelación ao pleno. Tamén é inconcibible que a día de hoxe non teñamos a documentación solicitada. Como o listado das persoas que recibiron o agasallo de Nadal, a copia que xustifique o ingreso do aval bancario da empresa que realizou traballos de corta de madeira, ou a documentación que solicitou o xulgado en relación coa comunicación que se fixo a fiscalía, dun posible ilícito penal sobre unha licencia de actividade, sin mediar expediente administrativo previo.
Eran vostedes os que viñan a rexenerar a política, pero convertéronse no duo do “donde dije digo, digo Diego.”
Os que ian sacar o Sr Andres da alcaldía , agora traballan o servizo del. Xa imos entendendo como traballan o grupo de goberno. Un manda e o outro consinte.
Pero aínda así, imos seguir facendo o noso traballo de control e fiscalización. Xa buscaremos a forma de que se nos entregue a documentación que solicitamos.
Nas breves contestacións que nos facilitaron queremos que se aclare o seguinte:
-Desde os Servizos Sociais redactaron un informe que pouco, ou nada responde á cuestión relacionada cos paquetes de Nadal entregados. Din que os paquetes foron repartidos entre 18 unidades familiares que nese momento estaban de alta no programa de reparto de alimentos.
Cando nos o que pedimos foi: copia do informe que xustifica a entrega de ditos paquetes. Por qué se entregan. Así como o listado das persoas que o recibiron. Xa que se lle deu dito paquete a xente que non estaba dada de alta no programa de reparto de alimentos, e pedimos esa aclaración. E volvemos a pedila.
É por iso que queremos os datos das persoas que recibiron dito paquete. E os datos das persoas que estaban no programa de reparto de alimentos.
-Sobre o reparto dos calendarios contestan que solicitáronse os servizos da empresa VV Xestión para a entrega dos calendarios.
Como foi a contratación deste servizo?. Fixeron unha licitación ou un contrato menor?.......
A cantas empresas lles solicitaron presuposto?
- No decreto da alcaldía co asunto: Solicitude de subvención á Deputación da Coruña para o mantemento do persoal técnico universitario nos servizos municipais de deporte (2022 Expte. TEDEC: 2022/A008/000012 (Subv.). Expte. TEDEC: 2022/G003/000053 (Decreto)), vostede Sr. Alcalde, declara que o técnico nos servizos municipais de deporte, é persoal contratado con xornada laboral completa, que pertence ao grupo laboral 2 e que posúe a titulación de licenciatura en Ciencias da actividade física e do deporte.
Indica que o obxecto da solicitude é financiar as retribucións de dito técnico durante a anualidade 2022 que corresponden a un orzamento total de 21.620,72 € para o que se solicita un importe de 15.000 euros.
Dende o ano pasado o técnico deportivo ten unha redución de xornada polo que no decreto, o Sr alcalde esta declarando en falso, estanse falsificando datos, non se está a dicir a realidade.
Solicitamos a aclaración deste decreto.
-Vemos nos decretos que a ADXUDICACIÓN DO CONTRATO MENOR DE SERVIZO DE REDACCIÓN DO PLAN DE AUTOPROTECCIÓN DO P.A.I., fíxose sin atender os principios de liberdade de aceso ás licitacións, publicidade e transparencia. Faise un contrato menor, algo que tanto criticaban cando estaban na oposición, lémbranse. Pero cunha diferencia, nos solicitabamos 3 presupostos e sempre atendendo a criterios xustificados, facíamos a adxudicación.
Solicitaron varios presupostos?...
Vostede utiliza o sistema PP-CXG, nin se molestan en pedir 3 ofertas. Adxudicación directa. E nin colorados se poñen.
Solicitamos copia do expediente de dita contratación.
-Despois da publicación das distintas convocatorias dos Fondos Europeos. Solicitamos información sobre as convocatorias ás que vai optar o Concello.
-O pasado día 7 fan unha publicación ás 9:16 minutos no face municipal, para animar a veciñanza, a asistir a feira, recordando o servizo de autobús.
O mesmo día da feira fan dito anuncio, ás 9.16 da maña. Non pensan que sería mellor facer o anuncio como mínimo o día anterior. De novo, o igual que co anuncio do día de Rosalia, que anunciaban os manteis para os locais de hostalaría, e despois os locais nin sabían nada, nin tiñan os manteis.
Solicitamos mais seriedade e mellor organización por parte da concelleira pertinente.
-O punto de atención a infancia está quedando pequeno para as necesidades do Concello, e queremos que se valore a posibilidade de ampliar o local, ou de tratar coa consellería de educación a posibilidade de utilizar algunha das aulas do CPI para este fin.
-Con motivo da celebración da festa da filloa suspendéronse as actividades extraescolares que se realizaban no pavillón.
Solicitamos que no sucesivo se valore a posibilidade de realizalas noutras instalacións en vez de suspendelas.
-O pasado 5 de marzo, tivo lugar no noso Concello o desfile do entroido.
Os Carnavaleiros de Barcala son sin dúbida, uns dos grande protagonistas desta festa no noso Concello. Dende fai moitos anos esta agrupación ven facendo rir a todos os presente, sendo unha das comparsas mais esperadas polas súas coplas de crítica a sociedade. Durante mais de 20 anos veñen asistindo o noso Entroido, e por veces foron practicamente os únicos que desfilaban como comparsa.
Foi vergoñento ver como este ano se censurou a súa actuación, o non deixarlle interpretar as súas coplas, como os anos anteriores.
Parece ser que non lles gustaba o que ian a cantar, e deciden reducir o tempo da súa quenda, e non deixarlles cantar as coplas que tiñan preparadas. Todos os veciños alí presentes fomos testemuñas de como os Carnavaleiros intentaban cantar, mentres se lles daba a orden de rematar a actuación.
Eran os últimos desfilando, o que non implicaba atraso ningún no acto. Pero aínda foi mais vergoñento cando dende o Concello se da orden á charanga de comenzar a tocar, co fin de evitar que se escoitaran as coplas.
OS DA TRANSPARENCIA PARECE SER, QUE SON MAIS DE CENSURA!!
Estes comportamentos de censura, son intolerables por parte dunha institución pública, polo que solicitamos a dimisión da concelleira encargada da organización deste evento.
-O Concello da baña mandou a algunhas asociacións un panfleto sin firma nin cuño, onde lles dicía que o Concello tiña un programa de axudas a asociacións para o fomento de actividades culturais ligadas ao entroido. E anunciaba a convocatoria dunha bolsa de 2000€. E que se puxeran en contacto coa concellería de cultura para a solicitude.
Queremos saber:
. A que asociacións se lle mandou.
.Onde están publicadas as bases de dita convocatoria.
.A quen se lle deu dita subvención.
Tamén solicitamos un informe dos gastos que se inverteron no Entroido.
-Cando propuxeron as xuntas de goberno, solicitamos formar parte delas co fin de ter coñecemento dos acordos que nelas se deciden, xa que sabiamos que non nos ian facilitar en tempo as actas das mesmas. E así é. Levan feitas varias comisións de goberno e a día de hoxe non temos as actas das mesmas, polo que non podemos desenvolver a nosa labor de control e fiscalización.
E vostedes eran os da transparencia e do diálogo.
Solicitamos copia das actas das comisións de goberno.
-Dende o nadal, son continuos os problemas do transporte escolar dos alumnos de CPI. Atrasos nas recollidas, autocares en pésimo estado, problemas de mecánica para abrir e cerar as portas etc.
A semana pasada un destes autocares sufriu unha saída de vía, que por sorte non tivo repercusión nos alumnos que nel viaxaban, pero de ser un accidente máis grave as consecuencias poderían ser moi dramáticas xa que o autocar, carecía de cintos de seguridade.
Solicitamos que pidan unha reunión urxente cos responsables de Monbus, na que poidamos tamén participar nos, co fin de esixir que de inmediato, dispoñan para as rutas da Baña, uns autocares en perfectas condicións e sobre todo con todas as garantías de seguridade, incluídos os cintos en todos os autocares.
-A semana pasada recibimos unha invitación á festa da filloa, onde non se especificaba a que estabamos invitados. É evidente que a festa da filloa estamos todos invitados.
Solicitamos que nun futuro se especifique un horario, ou algo concreto, co fin de podernos organizar.
-Tras a realización da festa da filloa solicitamos:
Copia do convenio do Concello coa asociación da pedra da filloa.
Informe dos gastos que asumiu o Concello neste evento.
-O pasado día 13 o Concello organizaba e colaboraba en dous actos o mesmo día. Os dous actos solapábanse pola maña. Moitos veciños nos transmitiron a queixa pola mala organización, o facer coincidir os dous eventos.
Solicitamos mais seriedade e mellor organización.
-O pasado dia 22 saíu publicado no BOP o anuncio da publicación das prazas de capataz, e educadora familiar, pero non se publicaron no face do Concello ata o día 25.
Por qué se tardou 3 días en publicar?, esa é a transparencia do grupo de goberno nos procesos selectivos.
-Vemos que os camiños desfeitos polos madeireiros seguen igual, pese a que vostede afirmou que había falado coas empresas madeireiras.
Solicitamos que se faga uso dos avales e se reparen.
A día de hoxe a dirección do CPI da Baña segue sin ter confirmación oficial das melloras no edificio anunciadas por vostede,
Teñen algún dato novo sobre o tema, ou segue todo como fai 3 meses en estudio.
-A deputación da Coruña no marco do Plan de Emprego Local ven de publicar as bases reguladoras das axudas PEL 2022 o pasado día 28.
PE - EMPRENDE INVESTIMENTOS
PEL- AUTÓNOMOS
PEL- PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN
PEL- MANTEMENTO
Que espera o Concello, a que remate a convocatoria para facilitar dita información cos veciños da Baña?
Solicitamos que se poña toda a información na web e no face do Concello.
-Na parroquia de Cabanas andan dous cans abandonados, os veciños coméntanos que chamaron ó Concello para avisar, pero que os cans seguen deambulando por Cabanas.
Solicitamos se de parte a empresa de recollida e se fagan cargo deles o antes posible.
Escola de música
Na breve resposta que se nos facilita coméntase que “empregaranse medios do propio concello para levar adiante a Escola de Música” Entón os os profesores que imparten clases son os empregados do concello? Que queren dicir con medios do propio concello? Esta pregunta xa se formulou con anterioridade e non se deu resposta á mesma.
Tampouco se nos contestou se hai un terceiro profesor dando clase na Escola de Música? De habelo, de que xeito se contratou? Solicitamos ver o expediente de contratación e os diferentes orzamentos solicitados
O alcalde paralizou e pechou o proceso en curso de licitación da xestión da Escola de Música pero preséntase un decreto onde se lle devolve o aval bancario presentado por unha empresa que era a mellor oferta. Polo tanto había ofertas e ata unha seleccionada que presenta aval pero o proceso paralízase. Resulta incomprensible.
Os dous profesores de música empregados municipais cumpren coa totalidade de horas que aparecen nos seus contratos?
Entendemos que non cubrindo as horas de clase poderían facer actividades complementarias: participar no Entroido, algunha actividade escolar, … pero non nos consta que isto sexa así.
Solicitamos que se nos faciliten os convenios firmados coas diferentes asociación municipais: sociedade deportiva A Baña, asociación A Baña Emprende, asociación Filloa da pedra da Baña, … En definitiva, os convenios firmados coas diferentes asociacións e clubes.
O plan de Igualdade vixente remata este ano 2022. Gustaríanos saber se xa se está a traballar no seguinte? En que período se procederá a facer unha avaliación e análise da situación do noso municipio en tema de igualdade? Cando calculan que poderemos disponer destes datos?
Gustaríanos plantexar dous rogos:
-Ante a situación bélica que se está a dar en Ucraína, condenando o ataque ruso e mostrando a nosa solidariedade co pobo ucraíno, solicitamos que desde o concello se contacte coas diferentes ONGs que xestionan o acollemento de familias ucraínas. Hai moita desinformación e dúbidas polo que pedimos que se organice algunha sesión informativa impartida por algunha destas organizacións para dar a coñecer os pasos a seguir por aqueles veciño/as interesado/as en acoller refuxiados/as ou se o propio concello pode xestionar que poidan asentarse no municipio algunhas familias ucraínas mentres dure o conflito, mediando con propietarios de casas baleiras e ofrecéndolles unhas condicións dignas de vida mediante axudas dende o departamento de Servizos Sociais.
-Como saben durante o noso goberno colocáronse pictogramas nos diferentes edificios municipais como parte dunha política de inclusión favorecendo que todas as persoas poidan saber a onde dirixirse e onde deben ser atendidos e se lles axude no que necesiten. No marco desta política, a empresa encargada ensinounos que non deberíamos saturar os corchos informativos, recalcounos moito este feito. Un dos días que vin ao concello vin que os corchos da planta baixa estaban cheos de carteis, algúns repetidos, outros fora de prazo, mestúrase información de diferente índole, … Solicitamos que semanalmente se actualicen e se eliminen os carteis non necesarios, que non haxa sobrecarga informativa. Pensemos nas persoas que entran a informarse, moita deles maiores, e tanta información acaba por desinformalos. Grazas
No hay comentarios:
Publicar un comentario