A Fundación de Discapacitados Psíquicos de Barcala, á que asisten 9 usuarios do Concello da Baña e 6 de Negreira, está a soportar unha situación económica delicada.
O Concello da Baña, que a día de hoxe ten a presidencia de dita fundación, e o Concello de Negreira, contribúen anualmente cunha achega de 8.000€ cada un, para garantir a continuidade do funcionamento do centro. Esta achega, segundo consta en acta, debe ser ingresada durante o primeiro trimestre do ano.
A día de hoxe, devandito compromiso foi respectado polo Concello de Negreira, que xa realizou o pago, pero o Concello da Baña segue sen aportar nada.
SOLICITAMOS:
Que se faga o pago de dita achega, e se cumpra cos compromisos adquiridos con dita fundación, para que esta, poida continuar coa sua labor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario