Mocións presentadas polo Grupo Municipal Socialista da Baña


OS SOCIALISTAS DE A BAÑA DEMANDAN A POSTA EN MARCHA DUNHA AGRUPACIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL NO CONCELLO



O Grupo Municipal do Partido Socialista en A Baña rexistrou no Concello, para o seu debate en pleno, unha moción na que demanda a posta en marcha dunha agrupación de voluntarios de Protección Civil no municipio.

“Dende a aprobación da nova Lei de Bases de Réxime Local, queda totalmente claro que a protección civil é unha máis das competencias dos concellos”, asegura o voceiro socialista, José Antonio Pereira.

Esta competencia é un servizo mínimo obrigatorio nos concellos con máis de 20.000 habitantes, pero a citada lei recolle que os municipios “poderán promover toda clase de actividades que contribúan á mellora da protección e seguridade dos veciños”, con independencia da súa poboación.

“Son funcións básicas de Protección Civil a prevención e a intervención para facer fronte a unha situación de risco, a rehabilitación de servizos públicos esenciais, ou a vixilancia en eventos con especial afluencia de persoas”, lembra Pereira.

“A Baña, con 98 quilómetros cadrados de extensión, presenta numerosos núcleos rurais en 15 parroquias, e a falta de Policía Local así como dunha dotación permanente de Garda civil, deixa ao Concello nunha situación máis que complicada para garantir a seguridade nas distintas situacións que acontecen no día a día”, aseguran os socialistas.

“A creación dun voluntariado de Protección Civil está máis que argumentado polos servizos que prestaría ao Concello, o baixo custe do mesmo para as arcas municipais, e a labor social que proporcionaría aos veciños”, engade o PSdeG.

Por estes motivos, piden na moción “aprobar a creación dun voluntariado de Protección Civil en A Baña, cun regulamento propio, e solicitar e tramitar nas distintas administracións (Deputación, Xunta de Galicia) as correspondentes subvencións para dotar do equipamento necesario a esta nova agrupación”.




A BAÑA, 24 de xaneiro de 2019. 


MOCIÓN PARA INSTAR Ó CONCELLO A FACER UNHA REBAIXA NA TAXA DO LIXO, COMO COMPENSACIÓN ÁS DEFICIENCIAS NO SERVIZO.
O Grupo Municipal do Partido Socialista en A Baña en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime xurídico das Entidades Locais e demais normativa de aplicación, presenta a seguinte moción.
EXPOSICIÓN DOS MOTIVOS:
Dende o mes de agosto os veciños de A Baña estamos a sufrir serias deficiencias no servizo de recollida de lixo.
A recollida de residuos dos colectores amarelos, e a xestión do punto limpo que realizaba a empresa Soil Recovery, deixouse de facer ao entrar esta en quebra. Detectado o problema, dende o Partido Socialista, solicitouse en varias ocasión que se atallara o asunto o antes posible, como fixeron outros concellos, co fin de minimizar as molestias que se estaban a ocasionar á veciñanza.
A falta de axilidade por parte do Concello en solucionar o devandito problema, fai que levemos xa máis de dous meses cos colectores amarelos a rebordar coa conseguinte problemática hixiénica e medio ambiental, que orixina o ter ao lado das vivendas bolsas de lixo polo chan.
Sendo dos concellos que mais pagamos no recibo do lixo 73.13 € fronte os 59 € que paga Negreira ou os 65 € que paga Santa Comba. O noso servizo deixa moito que desexar en canto aos días de recollida, ao número de colectores así como a limpeza dos mesmos, ao que agora se suma esta nova deficiencia.
É por isto que propoñemos para aprobar no pleno municipal o seguinte acordo:
ACORDO:
⦁ Que o interventor calcule o porcentaxe a bonificar, de acordo os días que non houbo servizo.
⦁ Modificar a ordenanza fiscal reguladora da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana no capítulo 3º artigo 7 (exencións e bonificacións), e contemplar a bonificación correspondente.
⦁ Publicar a nova ordenanza no BOP
⦁ Proceder no próximo recibo a realizar o desconto correspondente a todos os usuarios.

José Antonio Pereira Gil
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de A Baña

A Baña, a 8 de novembro do 2018





MOCIÓN PARA INSTAR Ó  CONCELLO DE A BAÑA, A CREAR UNHA LÍNEA DE AXUDAS CO FIN DE PROMOCIONAR A PARTICIPACIÓN DA VECIÑANZA  NAS FESTAS DO ENTROIDO.

O Entroido en Galicia, son unhas datas moi esperadas no calendario festivo, ao ser esta unha festa cunha longa tradición popular, onde os roles se inverten, e está permitido rirse de todo.

No noso Concello non é distinto. Hai unha longa tradición en participar nestas festas, e un nutrido grupo de veciños, acostuman a organizar comparsas, e facer divertidas carrozas, que pasean polos distintos concellos.

A súa arte nestas construcións quedou máis que demostrada, xa que carrozas e comparsas feitas por veciños de A Baña, acadaron importantes premios en prestixiosos concursos en diversas  vilas.

Os traballos de elaboración de carrozas e a preparación das comparsas son enriquecedores en moitos sensos.  Potencian a creatividade, fomentan as boas relacións entre os veciños e á hora de acudir os concursos, promocionan ao noso Concello alí por onde desfilan.

Despois de ter falado cos integrantes dunha das comparsas máis representativas do Concello, formada por veciños das parroquias de Lañas, Cabanas, Fiopáns, Troitosende e Monte, sabemos que  a falta de recursos económicos e sobre todo dun espazo común  onde poder facer os traballos de construción das carrozas, está a supoñer un serio impedimento  á hora  de participar nestas festas.

Co fin de dar unha solución a dito problema, e que os veciños un ano máis poida realizar as carrozas, solicitamos se tomen os seguintes acordos plenarios.

1-    Facilitar un local que cubra as necesidades básicas para poder elaborar os traballos de construción das carrozas.
2-     Subvencionar no  posible os desprazamentos das carrozas sempre e cando estas participen nos concursos das distintas vilas
3-    Incrementar o valor dos premios do concurso que organiza o Concello co fin de incentivar a participación no mesmo.   



A Baña, Setembro de 2018



MOCIÓN PARA INSTAR Ó CONCELLO DE A BAÑA A REALIZAR UNHA CAMPAÑA DE SINALIZACIÓN CON PICTOGRAMAS EN EDIFICIOS E INSTALACIÓNS PÚBLICAS.



Como todos sabemos, un pictograma é un signo claro e esquemático que representa un obxecto real, figura ou concepto. Sintetiza unha mensaxe
que pode sinalar ou informar excedendo a barreira da linguaxe verbal.
Para a xente con necesidades educativas especiais e afectacións da linguaxe, resultan un apoio esencial, que facilita a comprensión do “seu mundo” e das mensaxes do seu entorno.
Os pictogramas son perceptibles, simples e permanentes. Estas
características son de gran axuda para calquera, posto que todas as persoas necesitamos claves que nos permitan entender o mundo e ordenalo na nosa mente. Pero son especialmente útiles para a xente con dificultades de atención, memoria, linguaxe, patoloxías e trastornos de base, orgánica e ou psicolóxica.
Os pictogramas poden ser una ferramenta máis na intervención do Alzheimer, sendo un apoio visual importante tanto para o uso dos obxectos, como para a orientación espacial.

Tampouco debemos esquecer que estes símbolos son moi útiles para a xente maior, e para as persoas migradas de países con distintas falas, que en moitos casos teñen serias dificultades para comunicarse.

Con esta moción queremos dar resposta global a comunicación e á accesibilidade cognitiva en tódolos ámbitos (información, sinalización, trámites etc), e así conseguir que A Baña sexa un Concello onde todos e todas nos sintamos a gusto, independentemente das nosas capacidades
de comunicación.

É por isto que solicitamos se tomen os seguintes acordos plenarios para dar luz verde a esta moción.

1- Que dende a concellería de Servizos Sociais, en conxunto coa de Educación, se faga unha campaña de sinalización con pictogramas, nos distintos edificios públicos (Concello, locais sociais, centro cívico, biblioteca, colexios, centro médico, polideportivas, etc)
2- Que dende o Concello se lle faciliten pictogramas identificando a actividade que desenvolven os locais comerciais do Concello, para que sexan colocados nas portas dos mesmos.

3- Que na revista anual se faga mención a dita campaña co fin de que toda a veciñanza participe activamente nesta iniciativa .

A Baña, a 23 de xullo do 2018




MOCIÓN PARA INSTAR Ó  CONCELLO DE A BAÑA, A EXECUTAR OS TRABALLOS DE LIMPEZA DAS FRANXAS DE SEGURIDADE PRÓXIMAS AS VIVENDAS, CO FIN DE MINIMIZAR OS RISCOS  DO LUME.


Como todos sabemos o vindeiro 31 de maio será o Concello o que teña que impoñer o cumprimento forzoso da xestión da biomasa vexetal e avaliar o cumprimento ou non dos veciños en canto a limpeza da zoa de seguridade, na  que en liñas xerais non pode haber nin maleza nin árbores a menos de 15 metros das casas. Entre 15 e 30 metros so pode haber frondosas caducifolias, sempre que estas estean separadas entre si 7 metros, mentres que as especies de combustión rápida ( pinos, eucaliptos e acacias) tan so están autorizadas a unha distancia mínima de 50 metros.

Por regra xeral os propietario dos terreos que incumpran a normativa teñen 15 días tras recibir a notificación para limpar os terreos, e en caso de incumprimento, o Concello ten a potestade de executar el mesmo os traballos e repercutir os custos o propietario.

O abandono dos terreos de cultivo e a falta de control por parte do Concello na reforestación con especies denominadas de rápida combustión, fai que a  Baña teña varias  vivendas en risco de lume por non estar limpas dita franxa de seguridade.

A día de hoxe, temos constancia de que varios veciños de distintas parroquias teñen feito a correspondente denuncia no Concello, de distintas leiras que incumpren a normativa en canto a limpeza da biomasa, o que fai que as súas vivendas corran perigo ante un posible lume.

É por isto que solicitamos se tomen os seguintes acordos plenarios para dar unha solución a esta situación.



1-    Proceder xa, á limpeza por parte do Concello, das franxas de seguridade das fincas nas distintas parroquias  que a día de hoxe están denunciadas no Concello.

2-    Facer un estudio por parroquias das fincas  afectadas, para saber a situación real a día de hoxe sobre o número de leiras afectadas. 

3-    Elaborar  un plan de limpeza, para avaliar si o Concello ten capacidade de executar os traballos de limpeza,  e proceder  a realizalos.





MOCIÓN PARA INSTAR Ó CONCELLO DE A BAÑA, A SOLICITAR Á SOCIEDADE ESTATAL DE CORREOS E TELÉGRAFOS S.A. - COMISIÓN NACIONAL DO SECTOR POSTAL E MINISTERIO DE FOMENTO, A AMPLIACIÓN DO HORARIO DA OFICINA DE CORREOS, QUE DA SERVIZO, Á VECIÑANZA DA BAÑA.



No Concello da Baña hai unha oficina de Correos para servizo dos veciños, o que a primeira vista parece suficiente. O problema aparece cando o horario de atención ós usuarios vese reducido a tan so unha hora ó día de  luns a venres, de 9 a 10  da mañá, e os sábados e festivos sen servizo.

A rutina da vida do noso Concello, onde a maioría dos veciños dedícase á agricultura e gandería, fai que moitos non estean nas súas casas a hora en que pasa o carteiro, polo que a entrega de documentos certificados teñen que ser recollidos na correspondente oficina. O horario tan reducido, dificulta ós veciños o poder acceder a dito servizo. A recollida de certificados e demais documentos é toda unha odisea. E en canto á realización de xestión tales como xiros, certificacións ou paquetería, a maioría dos veciños optan en moitos casos por desprazarse os concellos limítrofes, polo escaso servizo que ofrece a oficina da Baña. O que de novo fai que os nosos veciños e veciñas descapitalicen  A Baña en favor de Negreira ou Santa Comba. 

O Concello de A Baña non pode manterse indiferente ante esta carencia na prestación adecuada deste servizo básico de comunicación. 

Si queremos ter un Concello vivo, temos que dotalo de servizos e mellorar os que temos, e por iso que solicitamos o apoio de toda a corporación co fin de reclamar ás administracións responsables deste servizo público, a súa mellora en canto o horario se refire co fin de dar un mellor servizo os veciños e veciñas da Baña.






Moción meninxite tipo B

Nova moción rexistrada nas oficinas xerais do Concello de A Baña polo voceiro municipal do Grupo Socialista, José A. Pereira Gil.
Moción onde solicita a creación dunha liña de axudas por parte da administración local que permita ás familias do noso Concello con poucos recursos económicos o acceso ás vacinas contra a meninxite de tipo B, dado o alto custo da vacina que dependendo das doses pode superar os 200 euros.




Moción en defensa do medio rural

José Antonio Pereira Gil, en condición de voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de A Baña e dado a importancia que o rural representa no noso Concello, como dinamizador fundamental e base da nosa economía produtiva propón ó Pleno municipal a adopción das seguintes 9 medidas incluídas na moción rexistrada nas oficinas xerais do Concello o 13 de novembro de 2019.

É tempo pois da acción, da toma de medidas inmediatas que creen un punto de inflexión a partir do cal empezar a gañar o futuro do rural. Porque non é certo que no rural non haxa nada que facer, senón ao contrario, no noso rural está todo por facerse para gañar o futuro.





MOCIÓN REXISTRADA NAS OFICINAS XERAIS DO CONCELLO PARA INSTAR Ó CONCELLO DE A BAÑA A REDACTAR UNHA ORDENANZA MUNICIPAL PARA QUE O CONCELLO PARTICIPE NA CONSTRUCIÓN E CANALIZACIÓN DAS MINAS DE AUGA VECIÑAIS, CO FIN DE FACILITAR O REPARTO DA AUGA A TODOLOS VECIÑOS DA BAÑA.








MOCIÓN APROBADA NO PLENO DO 05 DE ABRIL DO 2017
#ObxectivoConseguido

Nova moción que o Grupo Municipal Socialista rexistra nas oficinas xerais do Concello de A Baña. Nesta ocasións instamos ao Concello a informar parroquia por parroquia da posibilidade do fraccionamento do pago do IBI. Tamén pedimos que dende a administración local tramiten a documentación necesaria para que a veciñanza non teña que facer desprazamentos innecesarios.

MOCIÓN PARA INSTAR Ó CONCELLO DE A BAÑA A CREAR  UNHA OFICINA DE CARACTER TEMPORAL, NAS DEPENDENCIAS DO CONCELLO, PARA ASESORAR E AXUDAR A TRAMITAR A VECIÑANZA A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA PODER SOLICITAR O NOVO SISTEMA ESPECIAL DE PAGAMENTO DO IBI EN DOUS PRAZOS .











Moción presentada polo grupo socialista e que foi aprobada por toda a corporación no pleno do día de onte mércores 27 de xullo de 2016.

MOCIÓN PARA INSTAR Ó CONCELLO DE A BAÑA, A QUE ACTUE DE MEDIADOR E INTERLOCUTOR ENTRE A PROMOTORA DOS PARQUES EÓLICOS, EÓLICA GALENOVA SL. E OS TITULARES DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POR DITO PROXECTO.







Moción presentada polo grupo socialista e que foi aprobada por toda a corporación no pleno do día de onte mércores 27 de xullo de 2016.

MOCIÓN PARA INSTAR Ó XEFE DE SERVIZO DE INFRAESTRUCTURAS AGRARIAS DA XEFATURA TERRITORIAL DO MEDIO RURAL, A REACTIVAR O PROCESO DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA NA PARROQUIA DE TROITOSENDE NO CONCELLO DE A BAÑA.




O Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE, na Baña presenta unha moción para instar aos gobernos de España e da Xunta de Galicia a incluir a vacina contra a menixite B no calendario vacinal. 





No hay comentarios: